domingo, 1 de agosto de 2021

DÁNOS O PAN DA VIDA

 


Dános, Señor, dese pan

Esta petición repetímola hoxe na Eucaristía. Como os que se fartaron a comer despois de que Xesús reparticse a toda a multitude pan e peixe, buscamos quen nos solucione rápidamente os problemas sen decatarnos da gratuidade e da grandeza de todo o que recibimos.

Nacemos sendo don marabilloso. Somos coidados na ledicia de pornos todo a nosa disposición, os pais desvélanse polos seus fillos. Nos educan e preparan para a vida, axúdannos a descubrir quen somos e o que podemos lograr. O amor nace de forma expontánea e gratuita. O sacrificio e a entrega por nós é manifestación do moito que somos e significamos para os demáis. Somos alimntados cada día polo pan que nos cae do ce. Cada día nos da o Señor a oportunidade de recibir a fortaleza e o alimento para facer o camiño.

O maná que os hebreos recibían cada mañá no deserto, ración diaria  e para cada un tamén ten a súa ensinanza. O pan de cada día pedimos na oración do Noso Pai. Se nese camiño de liberación recibiran para un mes, un ano, sen límites, non se moverían do sitio, xa non habería espectativa de camiñar cara a ningures. Telo todo é unha aspiración inútil que nos paraliza.

O verdadeiro alimento é crer, porse nas mans de quen nos da o pan de vida. Cada día Cristo dándose en alimento na palabra, na caridade, na verdade, na xustiza, na liberdade, na sinceridade, fai de nós pobo en camiño que se está chamado a chegar á fin.

Feliz domingo

Xabier Alonso


No hay comentarios:

Publicar un comentario