miércoles, 26 de febrero de 2020

ACTIVIDADES MARZO



VIDA PARROQUIAL
SANTA MARÍA DA FRANQUEIRA
SAN BARTOLOMEU DA LAMOSA
SANTIAGO DE PRADO DA CANDA

MARZO 2020

CORESMA. CAMIÑO DE CONVERSIÓN

Os especialistas e fans do cine gústalle buscar a versión máis orixinal do director. O que estaba no inicio da súa idea. Pasa o mesmo connosco. Vanse pegando a vida diversas actitudes, pequenas historias, obstáculos e impedimentos para que se descubra a verdadeira fermosura orixinal. Queremos que esta coresma vaia axudando a deixar ao descuberto a beleza máis orixinal, a versión máis auténtica de nós mesmos.

NECESITAS REZAR?

Este ano temos á nosa disposición algúns materiais de oración para axudar a vivir esta coresma. Por favor, non desaproveitemos o tempo. Antes da Misa, un tempo de silencio, non chegar enriba da hora. Despois da Misa, non marchar a correr, facer un descansiño, poñer no corazón o recibido e lanzarse con novos pulos á vida.

QUERES CONFESAR?

Na coresma, reconvertirnos, co don do Espírito e o Sacramento da Reconciliación, a desfeita que fai en nós o pecado, na oportuna vitalidade da Graza. Ou pensamos que Deus non pode facer das pedras fillos de Abrahám?. Pois logo, deixemos que o pai Bo faga o milagre de cambiar o noso loito en festa e darnos unha nova oportunidade para o amor.
Desterra os medos ou o apuro de dicirlle os teus pecados a un sacerdote, está consagrado polo Señor para esta misión. Un cura non é un terapeuta, un psicólogo, pero é o enviado polo Señor para axudarche a sandar as feridas do corazón, para liberar a mente da culpa e deixarse abrazar saudablemente. Porse ante un sacerdote é crer na mediación da Igrexa, pois é enviado por ela. 
Esta coresma conta con ter á túa disposición o sacerdote e uns papeis sinxelos para preparar adecuadamente o Sacramento.

QUERES DAR ESMOLA?

Pois unha vez máis recuperamos a esmola penitencial, a que estará para recoller o resultado das nosas renuncias voluntarias e para restituir o dano que fixeron os nosos pecados. Con esta esmola faremos, ben seguro, algún ben que dea respiro a vida dalgunha persoa agobiada pola pobreza.

CAMIÑO DA CRUZ

Na coresma rezamos o Vía Crucis os xoves en Prado da Canda, os venres na Lamosa e os domingos as 4,30 da tarde na Franqueira.

SILENCIO CORESMAL.

O sábado 14 de marzo, despois da Misa das 6 da tarde, na Franqueira, teremos un tempo de reflexión en silencio. Unha proposta para facer deserto interior, adentrarnos na Palabra. Lectio divina para preparar a Pascua.

Os mércores despois da Misa tamén teremos un tempo de oración en silencio.


CONVIVENCIA INTERPARROQUIAL EN BARCIA DE MERA
27 DE MARZO

O venres 27 sairemos en coches a visitar a igrexa e reitoral de Barcia de Mera, un dos mellores monumentos da comarca e que nos servirán de marco a para celebrar unha convivencia coresmal. A proposta é sairmos despois de comer, sobre as 3,30 da tarde, para ao chegar visitar a igrexa e o reitoral, facer un tempo de oración, dispoñermos para a Semana Santa coa celebración penitencial e finalizar cun ágape fraterno compartindo a merenda.

SAN XOSÉ

No día do custodio do salvador ceebramos o día do seminario. Recemos polas vocacións á vida sacerdotal. Necesitamos máis sacerdotes, pedir para que o Señor bendiga que os nosos mozos respondan á chamada a consagrar a súa vida a Cristo e entregándose pola Igrexa a os necesitados
Celebramos este día como festivo de precepto

SAN BIEITO

O 21, no inicio da primavera, celebramos ao gran santo Bieito.
Na Franqueira será ás 12 da mañá coa Misa solemne e procesión e ás 6 da tarde
Na Lamosa ás 4,30 da tarde e en Prado ás 7 da tarde

No hay comentarios:

Publicar un comentario