miércoles, 26 de junio de 2019

SAN PAIO


Hoxe a nosa diocese de Tui-Vigo celebra a un dos seus fillos máis queridos: San Paio. A lembranza do neno mártir permanece a pesares do longo tempo desde o seu martirio. No ano 925 sufre a morte cruel en Córdoba por manterse fiel á fe. Unha chamada a todos a descubrir no corazón limpo e sinxelo dun mozo de 14 anos que nos convida a deixar as impurezas do corazón que nos alonxan do amor auténtico en Cristo. San Paio, Santo Paio, San Pelagio, desde a prisión asume o risco de permanecer na fe, desde a súa adolescencia asimila a madurez de saber dicir non, desde a paz no seu corazón combate a violencia que lle rodea, desde a pobreza de vida enfréntase ás tentacións de vida fácil e tesouros que lle ofrecen. 
Hoxe na nosa oración pedimos polos nenos e xoves, para que descubran a grandeza da fe e a paxión do amor limpo e sinxelo.


Podes entrar neste artículo de Guillermo Juan Morado tamén sobre o noso santo.








No hay comentarios:

Publicar un comentario