viernes, 21 de junio de 2019

AS PASCUILLAS. GRAZAS A TODOS




Benqueridos amigos e amigas. Despois dunhas semanas desconcetado das redes, voltamos a actividade. Poderiades pensar que foi para tomarme uns días de descanso despois das axitadas xornadas das Pascuillas. En parte si, pero tamén, por estarmos participando na peregrinación da Hospitalidade diocesana de Lourdes vivindo un ano máis esta única experiencia de compartir días de encontro, oración e profunda vivencia espiritual na gruta das aparicións da Nosa Señora  á meniña Bernardiña Soubirous.
Xa estamos de volta ao labor cotiá, e por iso, volvo a estar convosco.
Agora, despois desta xornadas e dalgunhas actividades que tam´ne reclamaron a miña atención, quixera compartir convosco algunhas reflexións que parten da vivencia da Romaría das Pascuillas na Honra da Virxe da Fraqueira.

1.- Unha vez máis a convocatoria foi un éxito. Cuestión de márketing? Non nos engañemos. É María, que manifesta de xeito especial neste lugar a súa presenza, quen unha vez máis nos uniu en oración como fixera nos comenzos da Igrexa apostólica. Unha chamada que fai a nosa Nai recollendo o manado do seu Fillo na Cruz, ser nosa nai e Imaxe dunha Igrexa maternal. Ao facer balance, moitos se centran nos números, e ben certo que son ben significativos. 
Este ano contabilizáronse 78 imaxes que pererinaron, algunha que estaba programada, por problemas de enfermidades non poideron asistir, esperamos a súa pronta recuperación. Pero xa manifestaron o desexo de incorporarse novas parroquias o vindeiro ano. A todos o agradecemento. 
As Misas no santuario estiveron a rebosar, e o máis significativo foi o silencio que mostra unha vez máis o desexo de orar e unirse na pregaria celebrando a Eucaristía. 
No templo, na capela da penitencia e no recinto do Outeiro estiveron durante horas varios sacerdotes celebrando o sacramento da Reconciliación, en total 8 cregos, e según o seu testemuño foi un non parar, polo que necesitamos tamén experimentar a misericordia do Señor. 
Na Misa solemne, segundo a empresa que planificou o plan de prevención, asistiron en torno a 8.000 persoas. É tamén de destacar o silencio e participación. 
Recibíronse algo máis de 4.000 comunións.

2.- Pero as cifras non son números simplemente, nesta ocasión, son cada un dos romeiros e peregrinos que fixeron deste lugar mariano unha manifestación viva da Igrexa peregrina e en camiño, unha Igrexa orante e alegre, unha Igrexa xenerosa e que se desvela por vivir a súa fe.

3.- A nivel técnico destacar algúns datos de organización: a carpa na que se recolleron as imaxes e se celebrou a Misa solemne, este ano era de maiores dimensión 80 metros de largo por 20 de ancho, o que supuxo un espazo maior e un custe superior. Este é o gasto que debemos afrontar cada ano e que supón un desembolso considerable sendo o seu prezo en torno aos 8.000€. Pero tamén garante un espazo a cuberto e a seguridade de podermos celebrar cómodamente a Euacristía.
O lugar do Outeiro vai sendo cada vez máis un espazo de fe e oración. Nesta ocasión pouidemos xa usar os pedestais de pedra que se fixeron para colocar as imaxes e o pasillo onde se fixeron as reverencias de acollida de cada imaxe, así como o presbiterio para a celebración co altar, e todos os elementos necesarios. Todo isto foi posible grazas á subvención recibida de Turismo da Xunta de Galicia no que se realizou un conveno coa Diocese de Tui-Vigo. 
Este ano, debido á nova lexislación sobre eventos e diversas actividades, foi necesaria a contratación dunha empresa especializada en deseñar os proxectos de autoprotección. Contamos para isto coa ambulancia enviada polo Concello, unha ambulancia que contratou o santuario cun custe de 540€. 
Agradecemos o traballo dos membros da Garda Civil, Policía Local que realizaron o seu labor de seguridade.
Pero tamén contamos co equipo de voluntariado da asociación Vodea e que colocaron un hospital de campaña ao lado do santuario e estiveron acompañando o dispositivo de seguridade. 
No recinto da Misa foron instalados aseos portátiles cun custe de 600€. No recinto do Santuario os aseos contaron neste día, como ven sendo desde hai anos, co persoal dunha empresa de limpeza para manter o orden e limpeza. Asemade dos aseos contan as instalacións con duchas e vestiarios para os peregrinos, todo con auga quente.

4.- Para que todo funcionase contamos coa inestimable labor dun equipo de voluntariado que preparan con esmero e cariño os diversos espazos e atención ás persoas. Deste xeito, un día tan intenso é posible, grazas ao traballo silecioso e discreto de semanas anteriores. Son os que fan que o santuario teña colocada a imaxe procesional nos días da novena, os bancos postos para permitir o acceso das miles de persoas e a atención aos que queren visitar a imaxe. Os que preparan a capela das ofrendas e están ao servizo dos romeiros que queren prender unha vela. Os que atenden a venta de recordos, un servizo que ten como obxectivo poder expandir a devoción á nosa Señora nos diversos lugares do mundo e que sirva de lembranza e oración nos nosos fogares. Os que atenden na casa para o o xantar do voluntariado. Os que atenden o servizo litúrxico para a celebración da Eucaristía e a Reconciliación. Todo feito de forma altruista e gratuitamente ao servizo da Virxe María e dos seus romeiros. A todos moitas grazas

5.- Non quero esquencer aos xoves que este ano fixeron as reverencias e cortesías acollendo e despedindo a cada unha das comitivas que participaron na Romaría. Un traballo moi duro e intenso. 
Cada parroquia conta con moitas persoas que fan posible esta festividade, e por isto tamén agradecer os desvelos e dedicación dos membros das comisións organizadoras. A todos moitas grazas.

6.- Un sincero e fondo agradecemento aos sacerdotes, tanto aos párrocos como os demáis sacerdotes que neste día se fixeron presentes. A súa é unha presneza moi importante e valorada por nós e polos membros das parroquias. 
A todas e cada unha das parroquias que participaron, a todos, o sincero grazas.
O agradecemento ao noso Bispo Luis que, como cada ano, se fai presnete nas romarías. Grazas pola súa presenza e as súas verbas.

7.- Un enorme abrazo agradecido á Pastoral Xuvenil da Diocese e ao seu delegado, D. Samuel. Ao equipo que organizou a ofrenda, tan bonita e significativa. Os xoves que prepararon os cantos, a disposición de todo e a fermosa celebraciónq ue lograron facer que todos vibráramos nunha Eucaristía inolvidable. Grazas aos músicos e cantores.

8.- Unha vez máis grazas á Nosa Señora, a Virxe da Fonte da Franqueira, por acollernos, e facer que un ano máis nos achegáramos na fe e no amor ao Señor.

No facebook tedes unha reportaxe fotográfica da Romaría

Lembrade que o vindeiro ano a Romaría será o 1 de xuño de 2020

Grazas e bo día
Xabier Alonso
21-06-2019








No hay comentarios:

Publicar un comentario