viernes, 8 de febrero de 2019

DENUNCIA PROFÉTICA




Juan Bautista buscaba anunciaba la justicia como anuncio de la llegada del Justo. El perdón como preparación ante el que había de personalizar la misericordia. Anunciaba la necesidad de un corazón renovado para recibia al manso y humilde de corazón. Y, éste, Juan, denunciaba la injusticia, el pecado, el odio, la soberbia. Y lo matan por el gusto de haber disfrutado el rey con una danza. Perder la cabeza por la justicia.
Y hoy, día contra la trata de personas y la esclavitud, en todos los órdenes de la vida, ¿nos vamos a callar ante el grito de los esclavos?
Te recomiendo este enlace




Evanxeo: Mc 6, 14-29
Como a sona de Xesús se estendía por todas partes, tamén o rei Herodes oíu falar del. Uns comentaban: “é o mesmo Xoán Bautista resucitado de entre os mortos, e por iso actúan nel eses poderes”. Outros dicían: “é Elías ou algún profeta”. Pero Herodes dicía: “É Xoán Bautista, a quen eu mandei decapitar, que está resucitado.” Porque Herodes mandara prender a Xoán por causa de Herodías, a muller de seu irmán Filipo, coa que el casara. Xoán non paraba de lle dicir:
--Non che está permitido vivir coa muller do teu irmán.
Por iso Herodías colléralle xenreira a Xoán e queríao matar. Pero Herodes temía a Xoán, sabendo que era home xusto e santo, e protexíao; mesmo o escoitaba con gusto, aínda que quedase desacougado.
Pero chegou a ocasión axeitada, cando Herodes no día do seu aniversario deu un banquete aos ministros, oficiais e xente importante de Galilea. Resulta que a filla de Herodías entrou e bailou moi ben, gustando moito a Herodes e a toda a xente convidada. Entón o rei díxolle á rapaza:
--Pídeme o que queiras, que cho hei dar.
E xurou:
--Dareiche o que me pidas, aínda que sexa a metade do meu reino.
Vaise a rapaza onda a nai e pregúntalle:
--¿Qué lle pedirei?
Ela díxolle:
--Pídelle a cabeza de Xoán Bautista.
E, volvendo onda o rei, díxolle:
--Quero que me deas de contado nunha bandexa a cabeza de Xoán Bautista.
O rei púxose moi triste, pero, polo xuramento feito e máis pola xente convidada, non a quixo defraudar. E de seguida mandoulle a un verdugo que trouxese a cabeza de Xoán. Foi, decapitouno e trouxo a cabeza nunha bandexa, para lla dar á rapaza, que non tardou en levarlla á súa nai. Cando os seus discípulos o souberon, recolleron o cadáver e fórono enterrar.




No hay comentarios:

Publicar un comentario