miércoles, 30 de marzo de 2016

PAZ A ESTA CASA


Hoxe comezamos a visita da Cruz aos fogares das parroquias e a bendición coa felicitación pascual. Hai uns anos que recuperamos esta tradición, intentando depurar o que non é propio dunha acción da fe para centrarnos no esencial. É un xesto sinxelo, familiar, íntimo, sen moitas "flotrituras", co que queremos felicitar a Pascua de Resurrección aos membros das comunidades parroquiais. 
Entrar na casa dos veciños para facer oración, compartir un momento de fe, alentar nas dificultades da vida, inspirar un pouco máis de confianza no Señor, é o resultado da palabra coa que comezamos " paz a esta casa". Este é o saúdo co que o Señor se puxo no medio dos apóstolos, porque, El, o Resucitado, é a paz para nós. Paz a esta casa e a todos os que nela habitan é un desexo máis a lá dunha formulación máis ou menos fermosa, é un desxo, que teñamos paz no noso fogar, nas relacións entre os membros da familia, cos veciños, cos amigos, que a paz sexa a construcción do Reino, a paz se vexa na xustiza, nun mundo mellor. Coa presenza do Señor seremos quen de facermos a paz, transmitila aos demáis, levar esperanza. 
So dicir paz a todos, a paz do Señor resucitado
Nosa Señora da Franqueira axúdanos a ter a portas abertas do corazón para ercibir a paz do teu Fillo resucitado

Feliz día
Xabier Alonso
A Franqueira
30-03-16

No hay comentarios:

Publicar un comentario