ADVENTO:
FACER CAMIÑO
Este
mes de decembro métenos de cheo na celebración do Advento, tempo de
preparación para o Nadal. Son catro domingos intensos nos que imos
escoitar a voz des profetas, especialmente a Xoan Bautista, a que
preparemos os camiños do Señor. Que é un camiño?, un lugar de
paso. Pero para facelo, temos que deseñalo, saber onde queremos
chegar, superar as barreiras e explanar as fochancas. Isto é o
Advento. Catro domingos, nos que, a escoita da Palabra, a oración e
a vida da caridade, nos unirán máis ó señor que ven onda nós na
pobreza de Belén.
CAMPAÑA
DE NADAL
Animamos
a todos a participar nesta actividade propia deste tempo, pero sobre
todo, propia da nosa vida cristiá. Durante este mes recolleremos na
igrexa alimentos imperecedeiros: aceite, leite, azucre, conservas,
pasta, arroz, lentellas, garbanzos... postres de Nadal... xoguetes
para nenos.
Tamén
podedes participar comprando unha rifa, por so 0,50€, para unha
cesta do nadal, e que axudará a recadar fondos para Cáritas.
O DISCO SOLIDARIO
Lembramos
que a compra do disco “Gaude, María Virgo”, axuda a financiar as
obras de caridade do grupo de cáritas interparroquial. Por so 9€
facemos un bo labor e podemos facer un mellor agasallo de reis.
CALENDARIO
PARA O MES DE DECEMBRO.
1.
Dedicación da Santa Igrexa Catedral de Tui
Este
é unha festividade particular da nosa diocese, lembramos a
consagración do templo máis importante da nosa Igrexa, a Catedral
de Tui. A Igrexa nai onde todos estamos chamados a ver un símbolo da
nosa comuñón da familia dos crentes, que como os nosos fogares, nos
acollen, nos coidan, nos agariman e nos dan ánimo. Así, a Igrexa,
coas portas abertas para acoller ós seus fillos nos axuda a
comprender un pouquiño máis o que é ser familia dos fillos de
Deus.
4:
Santa Bárbara.
Unha
santa mártir a quen encomendamos a nosa protección nas tormentas.
Creo que non so as da natureza, senón tamén, as do noso interior.
¡Cantas veces nos sentimos turbados na nosa alma!. Pidamos a Santa
Bárbara que nos axude a ter o corazón luminoso e cheo de vida.
Os
horarios son os seguintes:
Prado
da canda: 11 da mañá
A
Franqueira: 6 da tarde
8:
A Inmaculada Concepción da Virxe María
É
unha das celebracións máis entrañables do calendario da Virxe
María. Celebramos a súa Concepción, na que Deus, preservouna de
toda mancha de pecado, para comezar a súa obra marabillosa da
Salvación.
Neste
día os horarios son os seguintes
Prado
da Canda: 10 da mañá
A
Lamosa: 11 da mañá
A
Franqueira: 12 da mañá e 5 da tarde
Como
é costume este día celebramos a convivencia dos peregrinos que
durante este últimos anos temos ido ao Santuario de Lourdes. Así,
despois da Misa das 12, teremos o xantar no restaurante O Castelo,
previa inscripción. Este ano, ademías, temso algunhas sorpresas.
13:
Santa Lucía.
Pidamos
a esta xove mártir, tan venerada, que nos abra os ollos do corazón
para ver coa luz da fe a presencia do Señor.
Teremos
as celebracións ás seguintes horas
A
Lamosa: 10 da mañá
Prado
da Canda: 11 da mañá
A
Franqueira: 6 da tarde
20:
PEREGRINACIÓN DA ESPERANZA
Desde
hai unhas semanas o grupo de catequistas ven de preparar esta
peregrinación pensada especialmente para a xente máis nova. Durante
este curso teremos en distintas datas, 4 peregrinacións en concreto,
que axudarán a coñecer distintos aspectos da vida cristiá.
A
primeira destas peregrinacións será en pleno advento, o sábado 20
de decembro, desde Paraños ata A Franqueira. A patroa da parroquia
de Paraños é a Virxe da esperanza, e estado en pleno advento
queremos adentrarnos nesta virtude.
Nos
reuniremos na igrexa de Paraños ás 3 da tarde para subirmos
camiñando ata a Franqueira.
21:
Bendición das imaxes do Neno Xesús
O
domingo 21, último domingo de advento teremos a bendición das
imaxes do neno Xesús que colocaremos nas nosas casas nas próximas
festas do Nadal. É o xeito de facer persente a festa familiar na
parroquia e a parroquia nas nosas familias.
25:
NADAL
So
desexarvos a todos un Bo Nadal e que, como os pastores, saiamos ás
carreiras á busca do Neno que nace na cova, signo da pobreza na que
deus se fai presente.
28:
Sagrada Familia
Que
boa oportunidade nestas festas tan familiares de renovar o s
compromisos matrimoniais e familiares. Acompañados pola Sagrada
Familia de Nazaret podemos facer das familias da nosa parroquia
igrexas domésticas, onde, fundamentados no amor, se escoite a
Palabra, se transmita a fe, se viva a caridade e se predique o
Evanxeo da vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario