A
MINADA
Imos
todos a Belén
Este
mes de decembro é para moitas familias un tempo extresante, para
outras un tempo preocupante, para as últimas un tempo desolador.
Pero xa sabedes, “os últimos serán os primeiros”. E que chega o
Nadal e a todos nos arranca un anaco de corazón coa tenrura da
contemplación dos nosos misterios postos nas igrexas e nos fogares.
A
Igrexa, con esa sabedoría que abrolla de 2.000 anos de historia,
convídanos a que non perdamos o roteiro da nosa peregrinación na
vida. Así, durante catro domingos fainos unha chamada, ou más ben,
un berro insistente que penetra nos nosos ouvidos e alcanza o íntimo
da nosa alma, e que nos convida a preparar a gruta do noso corazón
para recibir ó Salvador, agora, cada día, e na fin dos tempos.
No
día de Nadal, somos nós,os que acolleremos o canto dos anxos, que
unen o ceo coa terra, para indicarnos o camiño con varias verbas:
confianza, alegría, Boa Nova e pobreza. O camiño de Belén témolo
que ir debullando con tempo para non perdernos nos escaparates da
fermosura transitoria das nosas rúas.
Confianza:
“non teñades medo”. Esta é a mensaxe do ceo, a fe en que as
promesas son cumpridas polo Señor e que non estamos desamparados,
senón que El ven a nós. Como peregrino que se fai na Encarnación
non nos abandona, senón que, se amosa na nosa historia.
Alegría:
“vimos a anunciar unha gran alegría para todos”. Si, porque
temos motivos de abondo para estramos tristes, pero agora é tempo de
ledicia, non da que nace das nosas vitorias empeñadas en superarnos
para ter máis cos demais, senón, para amármonos uns aos outros.
Boa
Nova: Oh! , como é necesario nos desbordamento de malas novas,
atopar que non dea unha boa nova. Isto é o que se fai presente no
meniño envolto en cueiros e deitado nunha manxadoira. Non a
agochemos, senón deámoslle a nova a todos, Deus está connosco, é
o “Deus connosco”.
Pobreza.
“A Palabra era a luz verdadeira”, esta Palabra, encarnada,
ilumina o sentido e o corazón de todos, non unha palabra fugaz e
transitoria, senón a Palabra eterna, que permanece e que nos
enriquece.
Os
pastores foron ás carreiras e viron ó Salvador, e volveron
contándolles a todos. Así, unha vez que descubrimos a presencia,
temos que volver. O camiño de Belén e de ida e volta, ir aceptando
a invitación do ceo e volvendo cos pes na terra. Agora, neste Nadal,
fagamos que a cova de Belén, o corazón das xentes, acepte ó
Salvador.
O
camiño de Belén, fixérono María e Xosé, os pastores, os magos, e
ós tamén, temos que facelo cada día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario