Antiga foto da Procesión da Virxe da Franqueira |
Estamos no ecuador da celebración da Novena da Virxe da Franqueira. Quedan algunha scelebracións especiais nas que queremos das grazas á Nosa Señroa pola nosa vida. Así, o vindeiro venres, na celebración da Misa, despois da Novena (8 da tarde), teremos un día adicado ós matrimonios e familias. Finalizaremos cunha oración de renovación das promesas matrimoniais e o intercambio dos aneis entre os casados.
O sábado pola mañá, ás 12, teremos o funeral polo devotos falecidos. Poñemos nas mans da Virxe María a vida dos que peregrinaron a este santuario e suplicamos para eles a paz e o descanso, a benaventuranza e participar da vida eterna. Pola mañá haberá Misa ás 9 e 10,30
O sábado pola tarde, ás 6, teremos un día dedicado ós nenos. Para a Virxe, nosa naiciña, vai a nosa oración agradecida pola vida que comeza, que medra, e que precisa ser coidada. Así, a que coidou e criou ó Fillo de Deus, coide ós vosos filliños.
O venres, sábado e domingo serán predicado polo P. Miguel Angel Barreiro, Franciscano do convento de Canedo.
O domingo xa é día de romaría, e na páxina web podes ver os horarios, igual que os do día 8, solemnidade da Virxe da Franqueira. So dicir que o día 7 é tamén un día de oración para pedir a paz en Siria, Oriente medio e en todo o mundo. Por iso, o domingo 7, pola noite, na procesiónd as antorchas, a oración será pola paz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario