miércoles, 17 de septiembre de 2014

Disco "Gaude, María Virgo" dedicado á Virxe da Franqueira





Este disco é a fin dun proxecto iniciado hai máis dun ano. Despois de seis edicións do Certame de música antiga que se celebran no Santuario da Franqueira no día 15 de agosto de cada ano xurdiu, no Ano xubilar da Coroación, a idea de confeccionar este disco que fora homenaxe á Virxe da Franqueira. "Vox Stellae" púxose de inmediato a traballar na investigación da música antiga, que é unha das tarefas que realizan, e a elaborar un bo surtido de cantos dedicados á Virxe María. O resultado é excelente e merece os eloxios de todos. O seguinte paso foi o de conseguir financiación, e así, a disposición da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia fixo posible que o que era unha idea inicial conseguise ter xa corpo. No mes de xuño deste ano, na igrexa de santa maría de Urdilde, comezaron a gravación con profesionais da Radio Galega. Agora é o momento de dar a coñecer a criatura e a súa posta de largo será na vindeira celebración da Festa dos Poxos, último días das Romarías na honra da Virxe da Franqueira.
Estades todos convidados ás 6,30 da tarde a participar neste evento cultural, ó mesmo tempo que caritativo. Como ven saben os asiduos da Franqueira, desde o ano pasado, o Santuario dedica este día da Romaría á recollida de alimentos para Cáritas interparroquial, por iso, asemade de recoller os alimentos, os beneficios da venda do disco serán destinadas ás actividades da nosa organización.
Xa por anticipado damos as grazas a todos.

No día 18 de outubro será o concerto de presentación en Vigo, na Igrexa do Carme (P. Carmelitas) ás 8,30 da tarde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario