martes, 16 de septiembre de 2014

Festa dos poxos. 28 de setembro






Este ano a data habitual desta festividade trasládase por coincidir o día 21 coa Romaría da Peña de Francia na parroquia de Parada de Achas, polo que, a festa do poxos pasa a ser o 28 de setembro neste ano. É o día no que ó finalizar os cultos da mañá, Misa Solmne e Procesión, púxanse as ofrendas regaladas polos fieis á Nosa Señora. Durante o ano, e sobre todo neste día, os devotos traen en ofrenda á Virxe prantas, animais e outras ofrendas, que se poxan e a esmola recibida entrégase a un proxecto caritativo da Igrexa. Nos últimos anos temos colaborado cun comedor para nenos da rúa en Panamá, a construcción dunha capela á Nosa Señora da Franqueira en Zambia, ou nas cáritas diocesanas.


Este ano tamén teremos a recollida de alimentos como xesto de xenerosidade para colaborar coa cáritas interparroquial Nosa Señora da Franqueira, que estamos a traballar con familias da Paradanta.


Hai que unir que na tarde deste domingo haberá o Concerto de presentación do disco "Gaude María" do grupo coral Vox Stellae, un disco homexane á Virxe da Franqueira cuxos beneficios da súa venta serán para cáritas interparroquial. Velaí pois o programa






Misas ás 9, 10, 11


Ás 12, Misa solemne e Procesión


Subasta de ofrendas


A recollida de alimentos será durante toda a xxornada ós pes da imaxe da Virxe






Pola tarde Misa ás 5


6,30 da tarde: Concerto de presentación do disco

No hay comentarios:

Publicar un comentario