sábado, 3 de diciembre de 2022

NON PERDAS A ESPERANZA


 Unha voz do deserto.
Pregoeiro de verdades incisivas que amolecen o interior.
Xoán é o seu nome, extraño persoeiro que berra sen cesar convidando a unha nova xeira, camiños no medio do hermo.
 Berros que rastrexan adentrando no interior unha nova invitación.
Deixa o que non vale, o que fire as relacións, o que non da felicidade.
Quén poderá ser, no barullo do mundo, deserto de paixóns o que ppoida profetizar novas de radicalidade?
Ser profetas?. Ser mirada que dea folgos aos corpos doentes que perderon a esperanza? 
Agora chegan tempos de deixarse transformar, de dar pasos cara unha nova creación onde a harmonía deixe a un lado a violencia que mata aos irmáns.
Tempos de fraternidade que dispoñan a quen está por vir.
Un lume novo arrasa co seu furor o que xa está comesto da polilla, o que está entumecido coa piolla.
Pero o cerne conserva un álito vital que xermolará unha nova esperanza.
Non está todo perdido. Non baixamos os brazos.
Loita contra ti mesmo.
Deixa que o Espírito derrote o pesimismo que se esconde baixo unha fráxil felicidade que non da máis futuro que esperar que pase a noite.
Unha nova amencida rexurde no horizonte. A estrela que anuncia a chegada da verdade e a xustiza.
Vida. Vida e amor encherán o mundo para facer del fogar de irmáns.
Pode ser, coa forza do amor que non esmorece, o amor divino que ser fi un connosco.

Non perdas a esperanza.

Xabier Alonso

domingo, 20 de noviembre de 2022

O DESPRESTIXIO PODE SANARSE

 

Cumpridos os 20 anos do afundimento do buque Prestige traio á memoria de todos aquel acontecemento. Durante estes días vimos de escoitar e visualizar diversos infrometivos e debates sobre esta catástrofe. Quixera engadir un apunte que me parece importante. O Papa Francisco declara na súa carta so bre o coidado da Creación Laudato Si "Hoy el pecado se manifiesta con toda su fuerza de destrucción en las guerras, las diversas formas de violencia y maltrato, el abandono de los más frágiles, los ataques a la naturaleza". LS 66 Desde sempre a Igrexa declarou que a violencia destructiva e o abuso desmesurado dos bens que nos entrega a natureza son o froito do pecado que desharmoniza todo encontro do humano co seu entorno. Ás veces podemos confundir a falta de civismo (verter lixo na rúa) cunha conciencia realmente ecolóxica e de forma integral. Non é necesario chegar a ver as nosas costas cheas de chapapote para que se adentre en nós esta conciencia. Considero que debe ser o resultado de:

Unha vida agradecida desde a gratuidade do don recibido. Todo é agasallo. Por iso aprendemos nos nosos maiores que debemos estar en harmonía cos ciclos do tempo, saber escoitar a terra, non malgastar o recibido, vivir nunha actitude de traballadores do que nos da de comer.

Unha creatividadedesinteresada. Vemos como as novidades da ecoloxía poden perturvarse cando o que buscamos é que se poña de moda o producto que diseño, a idea que se me ocurriu e que saco proveito. Unha actitude integral convídanos a saber vivir con austeridade e sinxeleza, sen pretensións desbordantes.

Unha alternativa  arriscada e valente. Os discursos están moi ben, pero as accións son o que poden transformar. Estamos vendo como as loitas de intereses rexurden nos cumios do clima, e os acordos son ultimatúms que non acadan o resultado da mellora do noso planeta. O diálogo fraterno é ecoloxía humana, poder ser sanador e abrangue toda a persoa.

No Santuario da Franqueira temos exposto este pequeno tarro de cristal que contén como testemuña da traxedia do Prestige un pouco de chapapote. Que o Señor perdoe os pecados que cometemos contra a súa obra. 

O desprestixio que infrinxe na humanidade o que facemos contra a natureza pode sanarse. Precisamos saber pedirlle perdón e perdoarnos.

Xabier Alonso


 

sábado, 5 de noviembre de 2022

A NOSA IGREXIÑA, NAI CHEA DE PACIENCIA


 Hoxe celebramos a Xornada da Igrexa Diocesana. Lonxe de ser únicamente un día de recadación para fortaleer a través das esmolas as múltiples tarefas que realiza a Comunidad cristiá no noso territorio de Tui-Vigo, considero de xustiza que ven de ser unha oportunidade para tomar conciencia da nosa pertenza e identidade. Ver o noso terruño non exclúe a comuñón universal, máis ven, a fortalece, pois non podemos dicir que somos Igrexa católica, universal, e que amamos e somos dela, se non somos ven afincados no lugar onde pertencemos. Precisamos ollar con agradecemento, e porque non, con orgullo, a nosa milenaria historia que arranca dos séculos máis antigos do cristianismo. Ben seguro que camiñando polas nosas parroquias, incluso as máis alonxadas da cidade e solitarias do rural, descubrimos a súa orixe máis arraigada. Non é descubrir nada novo dicir que o mundo rural galego foi asentando a fe no seu minifundismo identitario convertendo os espazos máis humildes en lugares celebrativos, ata os cumios dos montes onde se construiron ermidas son testemuño de cultos ben antigos. A memoria tan fráxil na que nos movemos, ameazada polo sen fin de novas que desbordan por todas partes, impiden ter a serenidade de contemplar os tempos pasados coa saudade tan propia da nosa alma, e, albiscar polo furado dos tempos, como outros antes ca nós, foron quen de construir igrexas e mosteiros, adros nos que se xunta a xente e os camposantos agarimosos nos que repousan en eterno sono os devanceiros crentes das nosas aldeas. Comunidades de fe que viron pasar a cabalo abades reitores das nosas fegresías a servir con fortaleza céltiga as xentes desexosas dunha palabra de esperanza que abrolla como auga limpa das verbas evanxélicas. Nesa humildade foise forxando cos séculos a nosa fe, arraigada e sentida, que chora cos seus, ri cos cativos e lanza pregarias ao ceo suplicando polos febles. Ben seguro que non caeron en van as sucesivas Avemarías de tantas viuvas dos mortos e moitas viuvas dos vivos que, cunha bágoa na meixela, viron marchar aos homes a terras alleas gañar o pan, e quen sabe, cecais non voltar ao fogar contar contos de lareira. Unha fe feita a golpe de traballo común polo ben de todos, que na fame non ha faltar que dea un codelo de pan e unha palabra de paz.

Esta Igrexa rural, tan nosa, silenciada e humillada, que se viu lanzada a unha barranqueira medoñenta do progreso abafante que a converteu en peza de museo, cousas de vellos e que fixo da fe dos maiores e cousa de vellos. Un mundo apisonador que fixo que de repetente, pasados os anos, os ollos se enchen de auga pensando que algo nos ven faltando. Xa somos como os da cidade, andamos as carreiras, sen parar un intre botar unha parrafada ao saír da Misa, comentando o moito ben que nos fixo a auga, pero sen ter oportunidade de botar man ao sacho, pois o corpo non está para estas malleiras, os campos cheos de silveiras, toxos e codexos, non son lugar de futuro. A mocidade xa marchou, hai bo tempo, agora quedan os vellos, por Dios, non lle quitemos o Evanxeo, a Boa Nova, que é o que pode dar esperanza. Fixo hai anos o último treito o coche de línea, a Caixa de aforros abre por tempos, o médico está lonxe e as lumieiras das corredoiras aluman aos gatos que andan á xaneirada. O rural foise esmorecendo e de vez en cando, no silencio da montaña, resoa a campá da igrexa. É a vida que nos queda. Agora tamén informatizada, da as hora do reloxo e toca as doce para a pregaria do Ángelus. Chocan os sons co panadeiro que baixa a canexa pitando a chamada dos clientes que se xuntan no camiño, igual que cando ven o peixe, o butano ou o carteiro. Poucas cousas máis sorprenden. 

Paciencia meus amigos. Tempos mellores han vir. Pero non creamos que isto é so nas aldeas. Na cidade non hai campás que chamen a Misa, so unhas poucas igrexas, o resto concentran os fieis a golpe de reloxo. Polas beirarúas unhas mulleres conversan, están ás portas dunha igrexa. Entran e saen, moitos non falan, van ao seu, enfiados co pescozo baixo, atentos a pantalla dun aparello que abre o maxín feble do cliente a un mundo barullento de novas, cada unha delas máis mentireira. Cada un anda ao seu. Entran moitos, van indo para os lugares de costume, sentar nos bancos. Non son poucos os que chegan enriba da hora, non poucos algo tarde. Nin verba co veciño, cada un anda ao seu. Misa, e... acaba logo que teño presa. Non é doado facer comunidade, pois para moitos, estar na estadística de católico practicante e ben de abondo. Dan a bedición, e man na porta pra seguir no barullo.

Paciencia meus amigos. Tempos mellores han vir. E quen o vai facer? Quen por nós ten chamado a vivir esta fe. Preguntaches ao señor que ven connosco facer? Estamos afeitos a dicir que somos nós os que temos que facer. Non nos creamos donos e señores, somo simples servidores. Somos chamados e enviados, discípulos e apóstolos, crentes agraciados e xentes agradecida.

Neste domingo pídoche meu irmán que cando sentes no banco a celebrar a Misa do Señor, penses por un intre, que somos agasallados polo mellor regalo da vida. Que neste día respires ben forte, enchas de espirito o teu peito e mires con agradecemento a historia que o señor tennos feito. Que hoxe xuntamos xentes de aldea e da cidade, nenos e maiores, mocidade e casais, sans e enfermos, os que están no seu lar por non poder saír, os que creron e marcharon, os que viñeron e quedaron, que todos e todas, somos irmáns. Que somos quen de vivir a comuñón, traballar polo Reino, levar caridade e amor, ensinarnos uns a outros a fe que se fai vida e a vida que se fai coa fe. 

Pacencia meus amigos. Tempos son estes, espera, pero pensa, que xa poden ser estes os tempos mellores, non esperes a mañán, hoxe é día do Señor, hoxe é día de salvación.

Paciancia meu amigos, que a nosa naiciña a Igrexa tamén ten paciencia connosco.

Pido á Virxe María, Nai da Igrexa, que nos ampare a todos os que dela somos fillos.

Feliz domingo, feliz día da Igrexa Diocesana

Xabier Alonso


domingo, 30 de octubre de 2022

TREGUA PARA REZAR POR LA PAZ



 Un año más nos reunimos para la oración del Rosario en esta peregrinación. Esta XX edición estaba marcada por la lluvia persistente y fuerte de esta semana. Todos viendo al cielo y vino la sorpresa. Un confiado inicio, quizás tembloroso, pero con una reflexión. Rezamos por la paz, pensando no solo en la situación en Ucrania, sino, en las 30 guerras que existen en este momento. Con un lazo blanco en la solapa, en un silencio sorprendente, pusimos el corazón en aquellos que han dejado sus hogares, que no volverán a casa, que caminan sin rumbo, que les hacen promesas falsas, que los engañan... y nosotros solo teníamos por delante 6 kilómetros, sin grandes retos, solo la posibilidad de que lloviese. Sabiendo además, que tendríamos la seguridad de volver a nuestro hogar, sentarnos a la mesa a cenar y dormir en cama caliente.

Cuarenta peregrinos salimos después de rezar el primer misterio en Lamosa, el segundo en Corzós, el tercero en Prado da Canda, el cuarto en Fonte da Prata y el quinto en Franqueira.

La celebración de la Misa fue a la Virgen María, Reina de la paz, con una paloma en el centro y las ramas de olivo y las flores como signo de nuestra oración

Gracias de corazón a todos los que habéis participado.


domingo, 23 de octubre de 2022

LEVANTAR AO DERROTADO

 


O ensino de Xesús é ben distinto do estilo no que nos movemos nós. Cando nos decatamos das conductas e actitudes incorrectas dos demáis somos quen de indicar con poder e poderío o que debe ser o correcto. Desde que son nenos dicimos aos fillos o si e non da vida. 

En troques, Xesús, lonxe de porse nun estrado xulgador, observa e propón desde a narrativa non un conto aleccionador ao estilo dos contos infantís que teñen como meta unha moralexa instructiva, senón, que Xesús, abre unha fenda no corazón co atractivo de describirnos ao mesmo Deus na súa fondura. Así, o recoñecible relato do fariseo prepotente e orgulloso que reza pondo diante de Deus as súas virtudes, fronte ao humillado recadador que axeonllado non ergue a testa e golpèa o peito pedindo perdón, son colocados diante do mesmo Deus que se nos manifesta coma o que toma opción polos pecadores e desterrados, polos mal vistos e desprezados. Xesús segue a tradición dos relatos ao estilo do seu pobo, cousa que nos acabamos convertendo en moralinas insufribles que nos acaban convertendo en inspectores de conductas e mallando en nós mesmo chegando a cotas de autodesprezo que non son humanas. Cal é o obxectivo da narración? Proclamar unha Boa Nova que vai dirixida aos que se cren moi seguros de si mesmos e desprezan aos demáis. Ou é que Xesús non quere que se salven os prepotentes? A Boa Nova é que Deus da sempre unha nova oportunidade á nosa conversión, que non está pechado ao amor. Que non nos autoxustificamos, que non somos autosuficientes nin autoreferenciais, senón que é el quen nos da vida e nos ofrece a  vida nova do perdón. Que o máis pecador está chamado a sandar e experimentar o amor misericordioso. Que Deus devolve a dignidade perdida a quen se sente na fochanca da podredumbre e se perdeu, para sentalo na mesa do Reino. Por iso a escoita de Deus vai dirixida ao que é sincero na pregaria, se recoñece a si meso, descubre a súa fraxilidade e pide con humildade o perdón. Diante de Deus non temos máis que ser sincero, Deus detesta a mentira e dóelle que nos mintamos a nós mesmos.

Hoxe celebramos este domingo da Evanxelización, o DOMUND, abrindo a nosa ollada aos pobos todos da terra e testemuñar ao mesmo Salvador que ven traernos a vida a todos.

Feliz domingo
Xabier Alonso

Do evanxeo segundo Lucas

Propuxo tamén esa parábola dirixíndose a uns que estaban moi seguros de si mesmos, créndose perfectos e desprezando os demais:
‑Dous homes subiron ó templo a orar; un era fariseo e outro recadador de impostos.O fariseo, de pé, oraba para os seus adentros deste xeito: "Meu Deus, douche grazas porque non son coma os demais: ladrón, inxusto e adúltero; nin coma ese recadador. Gardo o xaxún dúas veces por semana e pago o décimo de todo canto gaño".O recadador, en troques, manténdose a distancia, non se atrevía nin a levantar os ollos ó ceo, senón que petando no peito dicía: "Meu Deus, ten compaixón de min, que son un pecador".
Asegúrovos que este baixou reconciliado con Deus para a súa casa e, en cambio, o outro non. Porque a todo o que se teña por moito rebaixarano e a todo o que se rebaixe enaltecerano.

domingo, 16 de octubre de 2022

PEDIR


Lucas nos presenta el camino de Jerusalén que realiza Jesús un seguimiento de fe en la que los discípulos van profundizando a través del discernimiento con que el Maestro les ayuda a decir sí y crecer en fidelidad. Hace tres semanas eran los discípulos los que pedían "auméntanos la fe", el domingo pasado un samaritano concluía su camino de conversión, de adhesión personal alabando a Dios y escuchando de boca de Jesús "tu fe te ha salvado, vete en paz", y hoy, nos muestra uno de los medios para fortalecer esa fe: la oración constante de petición.

No es, ni mucho menos, la intención de Jesús que sus discípulos, o sea, nosotros, creamos en una relación mágica con el Dios de Jesús. El es Padre, bueno y justo, que ama sin medida, que espera con paciencia y acompaña a sus hijos. Y pedir nos ayuda a tomar conciencia de nuestra fragilidad, la condición humana como tal, el destierro de toda posible omnipotencia en nosotros, la descentralización de creernos los mejores y autoreferenciales. Por lo tanto, pedir, nos abre el camino de la humildad, la sencillez y la pobreza que el mismo Dios decidió asumir en su propio Hijo. Y lo divino que muestra el Dios de Jesús es la escucha, la empatía, la adhesión a la causa del hombre y la manifestación del Reino. No olvidemos, que al descentrarnos de nosotros mismos, Jesús nos invita a buscar el Reino y su Justicia, y el resto nos vendrá por añadidura. 

Ahora pensemos en qué es lo mejor qu ele podemos pedir a Dios, no pensando en nosotros, sino en todos. Este gesto de pedir nos une a las realidades y condiciones de miseria de tantos hermanos nuestros. A veces decimos ¿de qué me quejo? Pues al pedir sabemos lo que tenemos, no solo materialmente, y si realmente pedimos lo que necesitamos.

Feliz domingo

Xabier Alonso

domingo, 9 de octubre de 2022

O SANDADO AGRADECEMENTO




 Xesús camiñaba polos lindes das terras que eran desprezadas e polos lindes das persoas que eran desterradas. Pero non ía ás presas, sen saber onde pisaba, camiñaba cos pes e co corazón, coa ollada posta nos que chama irmáns e disposto a escoitar o laio dos doentes e dos miserables. Por esta razón, onde os puritanos e legalistas, defensores da pureza e cun corazón corrompido polo egoísmo, que senten vergonza dos semellantes, exclúen aos que son unha ameaza e adornan con posturas hipócritas a súa incapacidade para amar (disto segue a haber a milleiros, e algúns con voz pública que defenden as bondades de botar fora aos que nos "contaminan" cando son eles os que mancillan a dignidade da persoa coas súas verbas corruptas). Pois onde moitos ven inimigos, Xesús, camiñando polo mundo, ve irmáns que sofren. Xesús ve oportunidades de fraterna comuñón na que se pode acompañar a saír da fosa profunda onde a vida tantas veces os teñen enterrados. 

Cando os 10 gafos berran ao lonxe din unha palabra, suplican unha mirada, piden compaixón. Nada máis e nada menos. 

Agora ti, irmán que queres estar na fronteira do corazón, pecha os ollos, sinte o laio dos que berran e din hoxe no barullo dun mundo ás presas: ¡compaixón, pidedade!... como a dos pobres que na porta das romarías e nas feiras berraban por unha esmola... mira para min e dime se non son digno de compaixón, merecente de ser axudado.

Penso que nesto último está clave do leproso samaritano, sandado da súa doenza mortal, que regresa con chimpos de ledicia, loando a Deus e dando grazas. Sendo da condición da que viña, nen sequera podería dicir merezo ser digno de compaixón, e descubre ser un home novo, a grandeza da gratuidade do amor de Deus, que non fai acepción de persoas e ama a todos. No que os preferidos do seu corazón son os non chamados, os esquecidos e alonxados. 

Neste domingo quero convidarte meu irmán, a camiñar cun corazón agradecido sabendo que foi polo amor que Deus nos amosou no que se fai pobre na miseria da humanidade para facernos partícipes da riqueza do seu don. 

Hoxe, Domingo, renovamos a nosa condición de fillos rescatados, sandados, limpos nas augas do bautismo, resucitados no que rompe as cadeas da morte e vence as poutas da corrupción. Somos merecentes? Nós, extranxeiros e terra allea, peregrinos dun mundo que nos foi dado, camiñantes na busca da verdadeira patria, queremos unirnos na loanza agradecida do sandado da súa lepra, para con el proclamar "bendito sexa Deus que nos ten limpado"

Seguimos a celebrar estar xornada polo Traballo decente, pidamos un traballo digno para toda a xente.

Que pases un feliz día e pide ao Señor que non peche o noso corazón.

Xabier Alonso


Do Evanxeo segundo Lucas

Indo camiño de Xerusalén, mentres pasaba entre Samaría e Galilea, ó entrar nunha aldea, saíronlle ó paso dez gafos. Pararon ó lonxe, e dando voces suplicáronlle:

‑Xesús, Mestre, ten dó de nós.

El, ó velos, díxolles:

‑Ídevos presentar ós sacerdotes.

E aconteceu que cando ían para alá, quedaron limpos. E un deles, ó se decatar de que estaba curado, volveu loando a Deus con grandes voces. E prostrándose, rostro en terra, ós pés de Xesús, deulle as grazas. Era un samaritano. Xesús dixo:

‑¿Non foron dez os que quedaron limpos? ¿Onde están os outros nove? ¿Ninguén, fóra dun estranxeiro, volveu para lle dar gloria a Deus?

E engadiu:

‑Érguete e vaite: salvoute a túa fe.