domingo, 20 de noviembre de 2022

O DESPRESTIXIO PODE SANARSE

 

Cumpridos os 20 anos do afundimento do buque Prestige traio á memoria de todos aquel acontecemento. Durante estes días vimos de escoitar e visualizar diversos infrometivos e debates sobre esta catástrofe. Quixera engadir un apunte que me parece importante. O Papa Francisco declara na súa carta so bre o coidado da Creación Laudato Si "Hoy el pecado se manifiesta con toda su fuerza de destrucción en las guerras, las diversas formas de violencia y maltrato, el abandono de los más frágiles, los ataques a la naturaleza". LS 66 Desde sempre a Igrexa declarou que a violencia destructiva e o abuso desmesurado dos bens que nos entrega a natureza son o froito do pecado que desharmoniza todo encontro do humano co seu entorno. Ás veces podemos confundir a falta de civismo (verter lixo na rúa) cunha conciencia realmente ecolóxica e de forma integral. Non é necesario chegar a ver as nosas costas cheas de chapapote para que se adentre en nós esta conciencia. Considero que debe ser o resultado de:

Unha vida agradecida desde a gratuidade do don recibido. Todo é agasallo. Por iso aprendemos nos nosos maiores que debemos estar en harmonía cos ciclos do tempo, saber escoitar a terra, non malgastar o recibido, vivir nunha actitude de traballadores do que nos da de comer.

Unha creatividadedesinteresada. Vemos como as novidades da ecoloxía poden perturvarse cando o que buscamos é que se poña de moda o producto que diseño, a idea que se me ocurriu e que saco proveito. Unha actitude integral convídanos a saber vivir con austeridade e sinxeleza, sen pretensións desbordantes.

Unha alternativa  arriscada e valente. Os discursos están moi ben, pero as accións son o que poden transformar. Estamos vendo como as loitas de intereses rexurden nos cumios do clima, e os acordos son ultimatúms que non acadan o resultado da mellora do noso planeta. O diálogo fraterno é ecoloxía humana, poder ser sanador e abrangue toda a persoa.

No Santuario da Franqueira temos exposto este pequeno tarro de cristal que contén como testemuña da traxedia do Prestige un pouco de chapapote. Que o Señor perdoe os pecados que cometemos contra a súa obra. 

O desprestixio que infrinxe na humanidade o que facemos contra a natureza pode sanarse. Precisamos saber pedirlle perdón e perdoarnos.

Xabier Alonso


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario