Onte non tivemos oportunidade de compartir o comentario debido aos fenómenos metereolóxicos que facían que se fose a luz en moita socasións. Envío o textio que estaba preparado. Grazas
Hoxe celebramos o Domingo da Palabra. Unha nova oportunidade de centrarnos no significado e grandeza das Sagradas Escrituras na vida dos crentes e de toda a Igrexa.
Lámpada é a túa Palabra, lumieira no meu vieiro.
As túas palabras son espírito e son vida.
Espero na túa palabra.
Con tres frases lembramos a incidencia que ten a Palabra de Deus no nos sentido vital. É a palabra que, inspirada polo Espírito, se converte en camiño de esperanza para todos. Permitídeme so unhas frases para a nosa discreción:
A Biblia non é un libro de historia, pero fai que as historias que nos conta sexa Historia de salvación
A Biblia non é un libro de ciencia, pero nos axuda a comprender o desexo de toda persoa de atopar responsa ao mundo no que vive e os enigmas que lle interpelan buscado a orixe e o destino.
A Biblia non é un libro de filosofía pero nos abre camiños de pensar o sentido último da nosa existencia
A Biblia non é un manual de conduta e moralizante, pero pon as bases do noso discernimento e axuda a descubrir o ben e o mal e a saber camiñar con liberdade de corazón e na verdade
A Biblia non é un estamento xurista da sociedade, pero ábrenos a descubrir a xustiza e a vernos coma irmáns membros do Reino
A Biblia non é un libro de receitas pero é fonte de saúde
A Biblia non é un manual de oración pero sen a Palabra non saberíamos rezar
A Biblia non é un libro de teoloxía, pero sen ela non coñeceriamos o rostro de Deus
A Biblia é palabra morta sen o Espírito, e nós seriamos ouvintes pasmados sen o Espírito que da vida
Hoxe, deixa que María abra para cada un, o libro do seu Fillo para que sexa carne na nosa vida a palabra de vida.