miércoles, 18 de septiembre de 2024

A FRANQUEIRA, ONDE, CANDO, COMO?


ONDE, CANDO, COMO?
Facemos esta pregunta por interés de poder organizarnos Quero referilo a peregrinación franqueirá. O lugar xa o coñeces, non é elección túa, senón de quen aquí habita. Ela, a Nosa Nai, escolleu vivir connosco neste lugar tranquilo e apacible, cheo de paz e de sons cargados de natureza viva. Ela é a que abre as portas deste fogar para acollernos e falarnos, escoitar e agarimarnos. Ela, María, unha muller dun pobiño, sabe ben de lonxanías e silencios, de soedades e temores. No lugar escollido por Ela é necesario despoxarse das seguridades, de comercios e ruidos, de ofertas e garantías. Ves co que eres, tamén as idefensións e os cansanzos. Lugar para saborear o silencio, gustar a soedade e abandoarse en Deus como o fai María.
Cando? Pois cando queiras, cando poidas ou cando che pete, pero non esquezas que o tempo tamén é de Deus. El é que marca o tempo da intervención do seu facer, de falarche palabras de verdade e vida, de perdón e graza. Cando poidas, cando queiras. Son moitos que din, pois foi unha bendición estar hoxe aquí. O é, pois Deus decide cando quere estar contigo, debes estar disposto, como María.
Como? Tal e como es. Diante de Deus non hai dismulos, non podemos por caretas nin maquillarnos para disimular tristuras, ou secar bágoas medoñentes. Ven como es ti, coa confianza de fillos e fillas. Se ves a pe, non ves a competir nin a gañar un premio. Hoxe lle escoitei a un dicir "se queres chegar rápido vai so, pero se queres chegar lonxe vai acompañado" E chegar á Franqueira da traballo, e mellor se ves compartindo a vida e as inquedanzas cos demáis.
Porque María espera aquí, ahora, maternalmente

No hay comentarios:

Publicar un comentario