jueves, 12 de septiembre de 2024

DOCE NOME DE MARÍA


 DOCE NOME DE MARÍA

Ao longo destes días estamos a celebrar os distintos títulos de María. Os diversos santuarios están cheos de advocacións particulares que evocan a historia, non so devocional, senón tamén a identidade dos diversos territorios. A persoa na que nacen estes títulos é a mesma, María de Nazaret, que adquire a travçés de acontecementos muy concretos un nome coa que nos sentimos tamén nós identificados. Fixémonos na nosa contorna, celebramos estes días pasados a Romaría da Nosa Señora da Franqueira, e nese mesmo día Os Milagres de Baños de Molgas, O Paortal de Ribadavia, Os Remedios de Ponteareas, a seguimos o domingo que ven coas celebracións da Vierxe do Libramento en moitas parroquias da nosa diocese, terán lugar as celebracións da Barca, Os Remedios de Mondoñedo, O Alivio, e se vemos o calendario xeral atopámonos estes días Guadalupe en Extremadura, Los Llanos en Albacete, Pino en Canarias, Peña en Ciudad Rodrigo, Cinta en Huelva, Victoria en Málaga, Covadonga, Meritxel, Nuria, Claustro en Solsona, Aránzazu en S Sebastián, Valvanera, Montealegre, Estíbaliz, Henar... e dentro duns días a Dolorosa, Camino de León. 

Moitos nomes que levan escondida unha tradición, unha historia, unha aparición, un suceso, unha narrativa. Cada nome fai posible unha identidade coa que nos sentimos unidos e coa que facemos pobo. POis os nomes, o de cada persoa, fai posible a biografía da mesma, revelando un xeito de ser no mundo, pero tamén a persoa fai que ese nome teña unha carga, unha forza que se amosa ante o mundo.

Ao celebrar hoxe o Santo Nome de María recoñecemos no mesmo a vunculación filial na que nos sentimos viinculados.Non é un nome alleo a nosa propia historia persoal. Sabemos que é a mesma muller, mais ao peregrinar a un santuario, ou celebrar a súa festividade, recoñecemos no lugar e no tempo a nosa relación persoal con Ela. Se peregrinas a Terra Santa e entras na basílica de Nazaret, recoñeces o espazo propio, a orixe, e trasládate ao tempo primeiro, pero, sentes a identidade no lugar onde recibiches o ensino da confiada fe na Nai que nos encamiña cara a Salvación. Non debemos considerar de xeito chauvinista que somos máis que a parroquia veciña, ou este ou aquel santuario ten máis categoría por encher máis xente. Debemso considerar o verdadeiro culto en espírito en en verdade, de forma que os adoradores sexan e se deixen transformar pola graza que procede de Deus. Onde se ve a grandeza? En deixarnos converter, en sermos transformados polo amor, en refacer a nosa vida no altar da grandeza que é ser humildes e sinxelos. POis o nome de María é o poder do servizo, a grandeza da humildade, a superioridade do sinxelo, o madato da entrega, a que está enxoiada coa beleza do sacrificio, a que ten a ollada posta na esperada vida na resurrección. 

Hoxe, Nome de María, grande, potente, inmenso... o nome da Nai. A Ela vimos e lle contamos coitas e miserias, sen máis que o que somos. A Ela encomendamos e nos di "tranquilo, estou contigo" O medo derrotado pola verba que se fai confiado abrazo de tenrura maternal. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario