sábado, 24 de febrero de 2024

TRANSFIGURADOS NO AMOR

 


E Xesús dixo "subamos á montaña". E Pedro, Santiago e Xoán ascenderon. Non sabían para que, pero subiron. O camiño é longo, silencioso. Estaba o seu interior rumiando a palabra que lles dixeera "ir a Xerusalem, alí será entregado o Fillo do Home, crucificaranno e ao terceiro día ha resucitar". Silencio, sorpresa interior, incomprensión. 

O cuimio da montaña é silencio, soedade, lugar de oración, de entrar en intimidade, de desbordamento polo que significa ter nos pes a terra e o corpo apuntando ao ceo. Prepara así ao discipulado a subir, incomprensiblemente, a outra montaña, o Calvario, a un éxodo de paixón, a unha luz de resurrección.

Xesús transfigúrase. Manifesta a Gloria, Elías e Moisés, a Palabra dos profetas e a Lei. Os homes do Antigo Testamento que subiran a dúas montañas para recibir de Deus a mensaxe. Agora todo está encamiñado, todo leva a vislumbrar a luz da vida.

Nós somos chamados a subir a unha montaña. En silencio facemos esta coresma. Interiorizamos que non podemos obviar a cruz. O amor faise ofrenda. Deixñemonos transfigurar, ese é o camiño coresmal. Renovarse na Pascua. Deixemos que o Espírito nos transfigure no amor.

Feliz domingo


No hay comentarios:

Publicar un comentario