domingo, 17 de octubre de 2021

XUINTOS PARA SERVIR

 


Que ben nos trae o evanxeo deste domingo a postura de Xesús ante as dificultades internas no camiño da fe. Estamos, com ben sabedes, indo a Xerusalén. Xesús manifesta por tres veces a súa paixón e resurrección. Neste longo traxecto imos coñecendo as barreiras do discipulado: negarse a aceptar a cruz, o poder do diñeiro, a negativa a deixar os bens, o camiño fácil da acusación e da división... Hoxe imos ver unha dificultade moi extendida no ser humano, na sociedade e na Igrexa: ser os primeiros, os máis importantes.

Os ous irmáns, Santiago e Xoán, queren preparar o futuro e piden un bo posto. Non é de extrañar, son dos primieros discípulos, do grupo íntimo dos preferidos xunto con Pedro, viviron momentos de intimidade con él. Fixémonos que, Pedro nalgunhas ocasións, e agora este dous irmáns, os máis aprecidos por Xesús, aparecen como os que teñen máis "tentacións". Agora xurde o poder e o prestixio, a vanidade. Son valentes e teñen a coraxe de dicir que van beber o cáliz da entrega. 

O seguinte paso que nos presneta o evanxeo é que os outros dez se enoxan. Logo, a búsqueda de beneficios, primeiros postos, honras e protagonismos crea divisións. Son dous por un lado e dez por outro. Isto resúltanos coñecido pois está continuamente presente no mundo e na igrexa.Que difícil é camiñar xuntos!

E Xesús amosa que o primeiro é o último, o importante o servidor... e el ven a servir e entragar a vida por todos. Non podemos actuar por poder como os de este mundo, senón por amor confome ao reino. 

Este sínodo é unha oportunidade para sermos conscientes de ser entregados e xenerosos, servidores dos outros. Quen son os outros?. Pois pensémolo. Non son os nosos, os da nosa corda, os que pensan coma nós... os outros son todos os demáis. Non lle deamos máis voltas. Pornos a decidir exclusivimos exclúe... decidámonos polos últimos.

Bo domingo irmáns

Xabier Aonso

No hay comentarios:

Publicar un comentario