miércoles, 20 de enero de 2021

UN SOLDADO, UNHA MOZA CASADEIRA E UN PEREGRINO

 


Neste día de San Sebastián imos ter que ocnternos de non poder celebrar como era costume os Cercos que desde antigo traen a actualidade rituais antergos de bendición e acción de grazas, de petición e loanza. Como ben sabedes moitos de vós, os Cercos, de A Franqueira, Prado da Canda, e tamén o que se celebra en Paraños, consisten en cercar o término terrotorial da parroquia quedando dentro dese círculo as vivendas, animais e campos de cultivo. As imaxes que procesionan, San Sebastián, Santa Bárbara e San Roque, execpto na Franqueira que o fai a Virxe do Rosario no lugar deste último, repiten a cerimonia que se realizou en Roma cando, asediados pola peste, procesionaron as reliquias de San Sebastián arredor da cidade e pedida a intercesión do Santo mártir saírn adiante de tan negasta circunstancia.

Este ano, ante a imposibilidade de convocar aos fieis a esta procesión, quero compartir convosco unha sixela reflexión. 

Non facemos un ritual nin máxico nin supersticioso, que o pense así está ben equivocado. Nin sequera repetimos un rito baleiro e antergo rescatado na nite dos tempos e sen valor, que o crea así quédase no elemento externo. Nin tampouco o feito sentimental de lembrar que repetimos o que noutros anos realizaron os que xa non están e debémoslle respecto. Pois creo que non é suficiente.

Poñamos o centro en quen nos convoca: O Pai, creador do ceo e terra, do visible e do que non se ve. Xesús Cristo, o Fillo, que naceu na miseria, pasou polo mundo facendo o ben, sandando aos feridos polo mal, morreu na cruz por salvarnos e resuctado abriu o caiño da eternidade e ponnos a carón do corazón misericordioso. O Espirito Santo, Señor e dador de Vida, que nos alenta na historia, que derrama en nós o amor. Pois reúnenos o Deus, un e trino, o Pai-Fillo- Espírito. 

En Deus , percorreron o seu camiño de vida e fe, este tres mozos que sacamos a camiñar connosco polas nosas corredoiras e vieiros, polos campos e quinteiros, polos montes e eidos. Permitídeme, brevemente se podo, sacar destes santos, Sebastián e Roque, e desta santa Bárbara, unha ensinanza para o tempo de hoxe.

Un soldado, Sebastián, membro da garda imperial, xove e forte, cumridor non so das normas e principios militares, senón que , como cristián defensor dos dereitos non escritos no dereito romano pero que lle inspira chegar ao sacrificio morrendo en mans dos seu propio pobo. Ser cristián era unha ameaza para un imperio, non porque quixeran os membros desta fe arreatar o poder ao emperador, senón porque cuestionaba ese poder como divino se non servía aos sus cidadáns como fillos de Deus. Adorar ao deuses romanos e realizar sacrificios, honrar ao poder suprimindo a conciencia, é por unha vez máis ao home por enriba de Deus, e nós, creaturas, feitura de barro e debildade, somo amados por quen se fixo un coma nós e morrei por nós. Así aprendemos que a nosa obediencia ás leis e normas buscan o ben común e a saúde dos máis febles, a protección dos débiles e o amparo dos fráxiles. O martirio non é so o sacrificio de vida de forma cruel, tamén é gozoso derramar ata o último respiro polo ben dunha sociedade que segue a adorar deuses escravizantes. Ben posible que Sebastián lembrase as ensinanzas de Paulo na carta aos Efesios, para a loita contra os inimigos que asedian o corazón e intentan derrotar  ben Estade, logo, en pé: "cinguídevos co cinto da verdade, revestidos coa coiraza da xustiza e calzados os pés co afervoamento do Evanxeo da paz. Tede sempre no brazo o escudo da fe, que con el poderedes apagar todos os dardos incendiarios do maligno. Collede o casco da salvación e a espada do Espírito, que é a palabra de Deus, con toda clase de oracións e de súplicas, orando decote no Espírito e velando por iso con asiduidade e súplicas por todos os cristiáns, e tamén por min, a fin de que se me dea a palabra en abrindo a miña boca, para anunciar abertamente o misterio do Evanxeo do que son pregoeiro, mesmo na cadea; que teña valor para anuncialo abertamente, como debo.

Polo que a ensinanza de Sabastián é a da loita, e esta que estamos a librar esixe moitos sacrificios.

Unha moza casadeira, Bárbara. Rodeada de lendas parece a súa vida unha fábula medieval, incluído que remata non so na morte tráxica da man do seu pai, senón na victoria definitiva do amor dunha xoven polo seu Amado a quen lle da todo, que é Cristo, o esposo fiel. Ensínanos Bárbara, que ao non ser aceptada polo seu pai a opción de fe que ela tomara querendo ser cristián, non so lle fixo escoller un camiño para a súa parntela errado, senón que cumpriu o dito no evanxeo, "quen non abandona o seu pai, a asúa nai, non é digno de min". As represalias non foron poucas, comezando por ser confinada nunha torre. Alí, soa e en silencio, esta xoven reafirma a súa fe. Quedémonos con isto, que penso que nós hoxe podemos a Bárbara pedir, que nos axude a gustar o silencio de quedar na casa. O inimigo que derrota a nosa esperanza; e isto é a morte da nosa vida espiritual; está fora. Non quere que saiamos, a non ser que abandonemos e nos entreguemos deixando que nos poida matar ou que poidamos matar a outros por simples imprudencias e o gusto de pasar unhas risas que se poden convrter en lamentos.

Polo que o ensino de Bárbara é sabermos estar confinados no silencio dunha torre, a nosa casa, que nos defende contra o mal e nos axuda a gardar no silencio do corazón.

Un peregrino, Roque. Quedando orfo de mozo, vende todo, dalle o diñeiro aos pobres e segue a Xesús peregrino a Roma e diversos santuarios. Roque é a versión positiva d xoven rico de evanxeo. Roque responde si, e o fai, peregrinando ao carón dos apestados (tempos duros da peste). Ponse ao servizo dos que morren sos, desamparados e abandoados. Ata que el mesmo queda infectado. Retírase para non ser foco de contaxio, e no silencio, podemos dicir da UCI, bebendo a auga dun pozo e comendo codelos de pan, recupera a saúde e a súa fortaleza para a caridade. Foi tamén desprezado, pois o que anda con apestados como eles é tratado. Morreu con 32 anos peregrinando polos vieiros da caridade.

O ensino de Roque é o de pornos ao servizo dos enfermos, de ser peregrinos ao encontro de Cristo no leito da debilidade. 

Sebastián, Bárbara e Roque, tres xoves santos aos que encomendamos este tempo duro e complexo, pero que so lles pedimos que nos axuden a manter a fe, a esperanza e a caridade que proveñen do corazón do Señor.

Xabier Alonso









No hay comentarios:

Publicar un comentario