domingo, 24 de enero de 2021

CAMBIO

 


Este domingo vimos contemplar a primeira aparición en público de Xesús como no-lo relata o evanxelista Marcos. Breve, conciso e indo ao nuclear. "O tempo está cumprido, e chega o Reino de Deus; convertédevos, e crede na Boa Nova". Xa non podemos esperar máis, agora a palabra profética faise chamada, berro de conversión. Xa nada pode ser igual. Pero esa conversión depende de cada un deixándose empurrar polo Espírito, como o viña de facer Xesús. Teremos oporunidade de velo na coresma. 

Estes día, vendonos medios o cambio de presidencia na USA parece que por un instante, igual que hai uns anos, a fartura de situacións límite rematan repentinamente cun novo persoeiro que conduza as rendas. Ben sabedes que a condición humana non é perfecta, pero, o cambio e a conversión veñen por que cambie so o dirixente? Ben é certo que é o sentir dun pobo e a decisión nas eleccións, pero, o pensamento colectivo inflúe tanto na conversión da persoa?

Vou por outro exemplo. Hai uns anos os cardenais da Igrexa Católica nos sorprenderon ao escoller como bispod e Roma ao primeiro americano, arxentino, e xesuita. Ninguén sabía nada del. Pero desde aquel balcón deu mostras de que algo nos ía sorprender. E así foi. Pero, este xeito de actuar, falar, escribir estanos levando a que acollamos unha invitación como a que fixo desde o principio? Díxonos, convida a todos a que renovemos o noso seguimento a Cristo. Está sempre a falar de conversión. 

De qué serve que teñamos un papa estrela, en bo sentido, se os bautizados non nos deixamos empurrar polo Espírito?. A conversión, da que nos fala tantas veces Francisco non son decretos que poida asinar anulando cousas anteriores, como fixo Biden. A conversión non é unha política medida de comunicación e imaxe como a que fan tantos dirixentes. A conversión non é un convencemento que naza dun discurso cansino e incomprensible. 

A conversión espiritual, eclesial, pastoral, ecolóxica, económica, política social nace do corazón. Ternos atopado con Cristo que segue a pasar pola beira das nosas vidas a dicirnos, como o fixera Xonás en Nínive "se non vos convertedes pereceredes". E é así. Se non cambiamos o corazón deixándonos alumear polo autentico amor e dando un viraxe ás nosas vidas estamos atrapados nun sin sentido de fracaso colectivo, de individualismo egoísta, dun consumismo autosatisfactorio, dun futuro infecundo. O colectivismos non significa comunidade, a información non significa comunicación, os sentimentalismos non significan afectos, os programas non significan futuro, os plans non significan compromiso, os entretenementos non significan felicidade.

No noso entorno vemos como desborda a conversión social, a industrial, o rural e o urbano, como se todo estivera caduco, avellentado, pero non estamos ás veces máis que a por remendos en vestidos apolillados, aumentando estructuras ou adormecendo con placebos. Para unha auténtica conversión necesitamos adentrarnos no deserto do corazón.

Xesús volve chamar, e o fai con ese imperativo "Vinde".

Hoxe respondemos ao reto de dicir si.

Feliz domingo

Xabier Alonso


Lectura del santo evangelio según san Marcos (1,14-20):

Cuando arrestaron a Juan, Jesús se marchó a Galilea a proclamar el Evangelio de Dios.

Decía: «Se ha cumplido el plazo, está cerca el reino de Dios: convertíos y creed en el Evangelio

Pasando junto al lago de Galilea, vio a Simón y a su hermano Andrés, que eran pescadores y estaban echando el copo en el lago.

Jesús les dijo: «Venid conmigo y os haré pescadores de hombres.»

Inmediatamente dejaron las redes y lo siguieron. Un poco más adelante vio a Santiago, hijo de Zebedeo, y a su hermano Juan, que estaban en la barca repasando las redes. Los llamó, dejaron a su padre Zebedeo en la barca con los jornaleros y se marcharon con él.

Palabra del Señor


No hay comentarios:

Publicar un comentario