viernes, 4 de agosto de 2017

OBRAS NA FRANQUEIRA. ¿Cociñas con leña ou eléctrica?


 Cando sentas á mesa para un bo xantar aprecias a presentación, o sabor, a textura, e vas deixando que invadan o teu interior unha explosión de gustos que se amontonan. E preguntas ¿a que hora comezaches a cociñar?. E dinche que desde hai catro, cinco ou seis horas.
Queres unha cousa rápida?, pois a eléctrica. Pero tes que recoñecer que non é o mesmo.
Detrás do que está posto na mesa hai un labor de elección, preparación, preliminares, e que supoñen moitos elementos que non se ven. Sofritos intensos, ou salsas con multitude de matices.

No entorno do Santuario da Franqueira levan unhas semanas de traballos intensos nas obras. O que se vai ver non ten nada que ver co que queda enterrado, multitude de tubos que facilitarán o paso do cableado para os fogares, a nova canalización de auga, o alumeado novo, a recollida de augas pluviais. Xa sabemos que é costume cando se fai unha visita a un lugar e se está en obras, escoitar a opinión de xentes que veñen e pontifican máis que unha declaración dogmática, porque che hai moito enxeñeiro.

É de felicitar o traballo que hai detrás de todo isto, e o labor de dignificación que dará en poucos metros e a calidade coa que poida estra feito. Que confiamos en que estea o máis grande feito na Romaría. Así o pensamos.

Por certo, nas rúas de entrada hai uns carteis que poñen “estrada cortada”. Pois son bastantes os que aínda co cartel, as vallas, os obstáculos, meten o automóbil ata onde poden chegar. Mira que somos terquiños. Sempre me chamou a atención que nas aldeas parece que as normas son orientativas ou suxestivas. Porque mira que hai sinais de prohibido estacionar. Pois aínda así, cantos domingos detrás da igrexa se fai un tapón porque alguén deixou o coche debaixo de dous sinais e diante da entrada do adro.

O que dixen. Cociña, lenta, a lume e con calma. O ben feito ben parece.

Unha aperta
Feliz día
Xabier Alonso
A Franqueira
04-08-17

No hay comentarios:

Publicar un comentario