lunes, 7 de agosto de 2017

FESTAS GASTRONÓMICAS. Esta Galicia farturenta vai morrer dunha enchenta



"Esta Galicia farturenta
vai morrer dunha enchenta"

Hai uns meses, despois da celebración da Romaría das Pascuillas, un home, considero que sen máis malicia que quere "o progreso dos pobos" dicíame todo cheo de razón: "na Franqueira deben organizar un evento gastronómico". Ao que lle respondín "non che chega co que hai de comer e beber na Romaría". Cousa que por otro lado paréceme excesivo o dispendio, sobre todo de bebida, e que se ven a todas luces as consecuencias. 
Estamos a asistir ao traslado, anunciado desde hai moitos anos, en concreto nas normas diocesanas sobre festas, romarías e piedade popular alá polo 1987, e que anunciaba o perigo de ir pasando as festividades relixiosas a eventos civís con un adorno de fe que non afonda no senso cristián. Pouco a ppouco da festividade relixiosa pasouse a exaltación dun producto típico da zona, logo a ir vendo neste encontros unha fonte de ingresos, pasando a unha oportunidade turística, e agora, meus amigos xa da o mesmo. Podes facer festa do primeiro que se che ocurra, con tal que se coma, e que non teña relación coa historia nin co día. Podes exaltar o xurelo nun pobo a 300 quilómetros da costa do mor, ou o boi na praia, ou o pan onde non hai unha panadería, ou o ovo onde non quedan galiñas. Pero asemade de facer máis polo porco que por San Antón quixera facer un primeiro menú degustación do que está a pasar e pode estar por vir.
Menú:
Entremeses: Unha convocatoria nun día que non estea ocupado, da igual a data, con tal que non haxa festas arredor. Cada vez á máis complicado, porque o calendario xa non ten días. Prefiriblemente a primeiros de mes, o peto dos xubilados ten algunha prata.

Un cartel, máis ou menos atraente, e que contes con alguén que garantice a difusión.
Un menú, que non dea moito traballo, barato e que lle saques rendemento. A ver!. O que interesa non é o xantar, senón que dea resultado.
Unha charanga que faga ben barullo. Viño para esquecer o que vas pagar, e adiante.

Primeiro prato: Pensionistas que garanten asistencia. Con tald e sair da casa e facer festa imos onde faga falta.
Segundo prato: Comer desde a mañá, obxectivo fundamental. Nada máis e nada menos, non se ten que facer moito máis.
Terceiro prato: Sobremesa alongada, con baile e chupitos.
Cuarto parto: puntos de venta, artesanías varias ou productos. O que queda no peto quéimase.
e non sei se hai sitio para máis.

O que vexo é que nun país, e non quero ser un amargado, no que está a ser máis que complicado manter un posto de traballo digno, en que a media de edade cada vez á máis alta, a mocidade está nun ámbito de lecer que pasa na maior parte das veces polo vidrio. Os nosos maiores entraron nunha dinámica de "botellón" que lles quita toda a vergonza e, non tes máis que poñer a Tv galega e ver a linguaxe e o desmadre á galaica. Os luns estas mesmas estanse a queixar do mal que anda o mundo, da mocidade que perde os papeis, da xente que non ten pra vivir, ou do complicado que está todo. 
Este mundo de excesos e de riquezas aparentes non o logro comprender moito.

Por hoxe, xa está, seguiremos con outras xeiras da nosa terra.

bo día
Xabier Alonso



No hay comentarios:

Publicar un comentario