Obra
de Misericordia: Visitar e coidar ao enfermo
Xesús
percorría todas as vilas e aldeas ensinando nas sinagogas,
anunciando a Boa Nova do Reino e curando toda enfermidade e doenza.
Pero, vendo a multitude, sentiu unha fonda compaixón por ela, porque
estaban todos derreados e esmorecidos coma ovellas sen pastor. Entón
díxolles ós discípulos:
-A
anada é ben boa, pero os xornaleiros son poucos; así que rogádelle
ó dono da colleita que mande xornaleiros á súa ceifa. (Mateo9)
Xesús
é a Boa Nova da Misericordia que ven traernos a saúde e a
esperanza. Pensa naqueles enfermos que precisan consolo e ilusión.
Pídello á
Virxe María
Danos
nosa Señora
Paz,
saúde e amor.
Roga
por nós agora,
diante
do Señor
_______________________________________________________________
Obras
de Misericordia: dar de comer, dar de beber, vestir
Dille
Xesús á samaritana: o que beba da auga que eu lle darei, nunca mais
terá sede: a auga que eu lle darei, converterase dentro del nunha
fonte que saltará ata a vida eterna. (Xoan 4)
Di
Xesús: Eu son o pan da vida: quen vén onda min, non pasará fame e
quen cre en min, endexamais non terá sede. (Xoan6)
Xesús
sacia a nosa fame a a nosa sede de amor, comunión e vida. Revestidos
do seu amor, ora e achégate aos que teñen fame, están abandonados,
sofren e padecen. Pídello á Virxe María
¡Viva
Fuente de Gracias llamada!.
Nuestras
súplicas férvidas de hoy,
nuestras
lágrimas, ansias y anhelos,
no
los dejes sin tu bendición.
_____________________________________________________________________
Obra
de Misericordia: Acoller ao peregrino, Liberar o cautivo
O
Espírito do Señor está sobre min, porque El foi quen me unxiu
para
proclamarlles a Boa Nova ós pobres.
Mandoume
para lles anunciar a liberación ós secuestrados
e
a vista ós cegos, para lles dar liberdade ós asoballados,
e
proclamar o ano de graza do Señor.
Logo
empezoulles a dicir: -Hoxe cúmprese diante de vós esta pasaxe da
Escritura. (Lucas4)
As
portas do noso corazón non poden permanecer pechadas. A gloria de
Deus é que o home viva. Pídello á Virxe María.
Muller
bendita María
tesnos
onda o teu altar
eres
fonte de alegría
de
fortaleza ó camiñar.
_______________________________________________________________
Obras
de Misericordia: ensinar,
correxir, ter
paciencia
Moitos
dos seus discípulos botáronse para atrás, e xa non andaban con el.
Preguntoulles entón Xesús ós Doce:
-¿Vós
tamén vos queredes ir?
Respondeulle
Simón Pedro:
-Señor,
¿e onda quen imos ir? Ti tes palabras de vida eterna (Xoan6)
Acolle
no corazón a Palabra de vida e que se faga presencia no teu exemplo.
Pídello á Virxe María.
Romeros
y peregrinos
buscan
refugio a tus plantas,
sedientos
de tus favores.
Divina
Fuente de Gracias
Ave
de alegrías, corona de dones
nuestra
romería.
No hay comentarios:
Publicar un comentario