viernes, 4 de octubre de 2013

Exposición Magníficat sobre a Franqueira en Vigo

Grazas ó traballo intenso e sempre agradecido dos comisarios, D. Santiago Vega López e D. Andrés Fuertes Palomera, e a colaboración de institucions e persoas amantes da Nosa Señora, a exposición adicada á Virxe da Franqueira abriu as súas portas. Vale a pena achegarse á Casa das Artes de Vigo e contemplar en tres espazos diferenciados, a historia, tradición, devoción e actualidade dunha das advocacións maranas máis anigas de Galicia. Alí presentánse obras en pedra, madeira, orfebrería, nordados, pintura, fotografía, etc que sorprenden ó visitante. Animamos a todos a visitala e gozar desta marabilla. Asemade, poden adquirir o catálogo, que amosa cada unha das obras expostas e facilita o coñecemento máis profundo deste santuario. Nel escriben, ademáis dos comisarios, Doña Marta Cendón e Don Domingo Luis González Lopo, profesores da Universidade de Santiago de Compostela, e D. José Diéguez Dieppa, Deán da catedral e profesor de liturxia, presentan a historia e devoción desta advociación singular que é o foco mariano por excelencia da nosa Diocese. Ó mercar o catálogo, que custa 20 €, colaboran na financiación dos gastos que supón esta gran exposición e axudan a que non supoñan un gravamen na economía do Santuario. Ademáis queda para ter nos nosos fogares e para a nosa lectura un dos mellores e máis fermosos libros que se editaron sobre a Virxe da Franqueira. O horario de visita da Casa das artes, que está na rúa Policarpo Sanz, ó carón do Antigo teatro Gracía Barbón é o seguinte: De luns a venres de 18 e 21 h. Os sábados de 12 a 14 h e de 18 a 21 h. Domingos e festivos de 12 a 14 h. Na páxina web do Santuario www,afranqueira.org podes descargar o PDF coa guía da exposición. Tamén podes acceder á galería de imaxes da exposición http://www.diocesetuivigo.org/informacion/noticias/ano%202013/outubro%2013/fotos%20manificat.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario