viernes, 4 de octubre de 2013

Festa do Rosario en Prado da Canda

Esta fin de semana énchese a parroquia de Prado da Canda de grande ledicia ó celebrar a festividade da Nosa Señora do Rosario. Despois de termos celebrado a novena na súa honra e meditar con María os Misterios da nosa Fe, celebraremos con toda solemnidade esta advocación mariana que ten tanto arraigo na parroquia de Prado. Mañá sábado ás 6 da tarde, terá lugar o rezo do Rosario e a novena, seguidamente terase a Misa solemne e a procesión. Como é costume, neste día e no grande do domingo, a xuventude da parroquia danzará diante da imaxe da Virxe. Unha danza que embelece e acompaña o corazón dos devotos para amosarlle, deste xeito como o fixeron os maiores, o noso repecto pola Virxe María. Na Misa do domingo, ás 12 da mañá, celebrarase a Misa solemne, na que, farase a ofrenda da oración á Virxe pedindo, nesta ocasión, que nos afiance e fortaleza a nosa fe. Remata a mañá con esta longa danza que alegra e enche de orgullo a esta pequena parroquia covelense. Neste ano, por ser o luns día 7, día propio da Virxe do Rosario no calendario universal, tamén teremos a Misa ás 12 da mañá e a procesión arredor da igrexa. Esta parroquia garda un relicario que contén unha esquirlas dos caixóns onde estiveron sepultados os beatos videntes de Fátima, en Portugal, así como unha pequena astilla da enciñeira das aparicións. estas reliquias danse a venerar nos días solemnes despois da procesión. Nosa Señora do Rosaro, Roga por nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario