ONDE, CANDO, COMO?
miércoles, 18 de septiembre de 2024
A FRANQUEIRA, ONDE, CANDO, COMO?
ONDE, CANDO, COMO?
lunes, 16 de septiembre de 2024
MARÍA, UN CANTO Á LIBERDADE
MARÍA UN CANTO Á LIBERDADE
Dentro duns días teremos a celebración da Festividade dos Poxos na Franqueira. É o domingo que pecha os catro días solemnes dedicados á Virxe María. A novena, coa que nos adentramos na preparación espiritual, os días 7, e especialmente o 8, día da Natividade, e o 9, teñen como centro a Eucaristía na que nos reunimos os romeiros e peregrinos e as procesións. Nelas, como ben sabedes, temos as Danzas e o Romance do Cristián e Mouro. O calendario antigamente no era así. De feito, a procesión do día 7 era pola tarde, os cultos do 8 comezaban de madrugada coas Misas de comuñón, Exposición do Santísimo, e Confesións que había tanto o 7 coma o 8 continuamente. É curioso observar con atención a descrición feita nos anos 20 do século pasado coa presenza de cabezudos, gaiteiros, bandas, fogos de artificio e globos de papel. Si temos constancia da festividade dos poxos no domingo que lle corresponde coas mesmas procesións e as danzas e romance.
Quero compartir convosco unha pequena reflexión sobre o tema do drama, ou romance do Cristián e o mouro. Hai constancia en diversos santuarios de sona en España dos mIlagres de liberación de cautivos da época da Reconquista de xeito milagroso. Un feito que se identifica asemade coa mesma narrativa. Cristián preso nunha gaiola ou arca, con cadeas e invoca a María. Amencen na porta do santuario ambos personaxes e espertan co son das campás. Xurde unha conversa sobre o feito e chama a conversión do mouro. Pois se nos adentramos nos lugares atopamos que no Santuario de Guadalupe de Extremadura, ou na Virxe do Camiño de León, descríbense igual que na Franqueira. Datados no século XVI son na orixe os mesmos relatos que poñen na Nai de Deus a liberación dos cautivos en terras alleas. Máis aínda, en León conservan a arca, igual que a tiñan no Santuario da Virxe de Aliaga en Aragón. Temos referencia desta mesma narración na Virxe da Asunción na Estepa en Sevilla, e na Virxe de LLano en Almenar, Soria.
A partir desta coincidencia póñome diante de María, a Nosa Señora Virxe da Fonte da Franqueira e penso: María é muller, crente, nai de Deus e liberadora. A súa participación, desde a liberdade plena na que se entrega a Deus, faina membro excepcional do Reino, na que todos somos liberados polo que se fixo cautivo, preso, ofrenda, sacrificio por nós, o seu Fillo. O seu cautiverio nos ten dado a libertade. Pero, ela, como nos axuda a vivir esa liberación?
Ven á miña memoria o canto do Magníficat. María exalta o poder de Deus que rompe as cadeas opresoras do poder, do diñeiro e a soberbia. El derriba do trono aos poderosos e fai subir aos humildes, aos famentos éncheos de bens e aos ricos despide baleiros. Con esta proclama, María, que non ostenta nigún cargo importante, nin se dedica a ningunha responsabilidade política, que so é unha mociña, aldeana, humilde, que sae a servir a súa curmá, berra aos catro ventos a auténtica liberación do home. O feito sucede naquelas montañas da Xudea, hoxe, coa mesma forza, necesitamos sentir nestas montañas da Paradanta, na que non se rixen destinos importantes, nin se erixen responsabilidades trascendentais, ter o signo de proclamar que Deus é o veradeiro Libertador. E así, como naqueles séculos pasados, foi posto nas mans de María o milagre de seren salvo do cautiverio os cristiáns retidos nas terras africanas, hoxe, pomos nas mans desta Nai que faga o milagre de darlle a liberdade a tantos omes e mulleres sometidas ás escravitudes do século XXI. Persoas que so un milagre pode facer que poidan ter o digno para vivir, o xusto, por xustiza para levar adiante unha vida conforme aos mandados de Deus.
Rompe, María, as cadeas que apretan persoas e pobos, fai o milagre de que o Reino do Señor sexa unha realidade. Conta connosco e que o Espírito nos dea alento. Reza connosco, que somos pobres, pero sinceros. Axúdanos a entoar o canto da liberdade que nos fai sinxelos, humildes, servidores e felices.
sábado, 14 de septiembre de 2024
CRUZ
CRUZ
Cruz clavada, raíces en tierra
puesta erguida como mástil de guía.
Cruz abierta, grieta por la que cuela
sangre, sudor, muerte y vida.
Cruz silenciosa, la muerte suspira
el grito sordo que enmudece el mundo.
Cruz que tiene en sus entrañas
sabia de fuerza, Espíritu que ama.
Cruz que mana como fuente viva
raudales de agua, sueño de esperanza.
Cruz que abrazas al pecador
lo dejas liberado
del pecado y de la muerte.
Cruz que vences, faro de amor
que derrotas a la serpiente.
Cruz que recoges a tus pies
lágrimas, llantos y cansancios.
Cruz que dejas cargas suaves
y yugos ligeros
que sueñas perdón y redención
que haces del enemigo, hermano
del odio ventana abierta
por la que penetra la paz.
viernes, 13 de septiembre de 2024
MARIA NA CRUZ
MARIA NA CRUZ
E María coñece a cruz e a dor.
Desprendida do don máis grande
que poida recibir unha muller,
ser Nai do Salvador
María asume en silencio
a morte do seu filliño.
Sabe que os plans de Deus
son ben distintos
intenta comprender,
e di unha vez máis
Velaí a túa serva
Cantas nais veñen dicir,
vendo o corpo inerte do fillo,
en silencio e partida a alma,
velaí, velaí o meu amor.
jueves, 12 de septiembre de 2024
DOCE NOME DE MARÍA
DOCE NOME DE MARÍA
Ao longo destes días estamos a celebrar os distintos títulos de María. Os diversos santuarios están cheos de advocacións particulares que evocan a historia, non so devocional, senón tamén a identidade dos diversos territorios. A persoa na que nacen estes títulos é a mesma, María de Nazaret, que adquire a travçés de acontecementos muy concretos un nome coa que nos sentimos tamén nós identificados. Fixémonos na nosa contorna, celebramos estes días pasados a Romaría da Nosa Señora da Franqueira, e nese mesmo día Os Milagres de Baños de Molgas, O Paortal de Ribadavia, Os Remedios de Ponteareas, a seguimos o domingo que ven coas celebracións da Vierxe do Libramento en moitas parroquias da nosa diocese, terán lugar as celebracións da Barca, Os Remedios de Mondoñedo, O Alivio, e se vemos o calendario xeral atopámonos estes días Guadalupe en Extremadura, Los Llanos en Albacete, Pino en Canarias, Peña en Ciudad Rodrigo, Cinta en Huelva, Victoria en Málaga, Covadonga, Meritxel, Nuria, Claustro en Solsona, Aránzazu en S Sebastián, Valvanera, Montealegre, Estíbaliz, Henar... e dentro duns días a Dolorosa, Camino de León.
Moitos nomes que levan escondida unha tradición, unha historia, unha aparición, un suceso, unha narrativa. Cada nome fai posible unha identidade coa que nos sentimos unidos e coa que facemos pobo. POis os nomes, o de cada persoa, fai posible a biografía da mesma, revelando un xeito de ser no mundo, pero tamén a persoa fai que ese nome teña unha carga, unha forza que se amosa ante o mundo.
Ao celebrar hoxe o Santo Nome de María recoñecemos no mesmo a vunculación filial na que nos sentimos viinculados.Non é un nome alleo a nosa propia historia persoal. Sabemos que é a mesma muller, mais ao peregrinar a un santuario, ou celebrar a súa festividade, recoñecemos no lugar e no tempo a nosa relación persoal con Ela. Se peregrinas a Terra Santa e entras na basílica de Nazaret, recoñeces o espazo propio, a orixe, e trasládate ao tempo primeiro, pero, sentes a identidade no lugar onde recibiches o ensino da confiada fe na Nai que nos encamiña cara a Salvación. Non debemos considerar de xeito chauvinista que somos máis que a parroquia veciña, ou este ou aquel santuario ten máis categoría por encher máis xente. Debemso considerar o verdadeiro culto en espírito en en verdade, de forma que os adoradores sexan e se deixen transformar pola graza que procede de Deus. Onde se ve a grandeza? En deixarnos converter, en sermos transformados polo amor, en refacer a nosa vida no altar da grandeza que é ser humildes e sinxelos. POis o nome de María é o poder do servizo, a grandeza da humildade, a superioridade do sinxelo, o madato da entrega, a que está enxoiada coa beleza do sacrificio, a que ten a ollada posta na esperada vida na resurrección.
Hoxe, Nome de María, grande, potente, inmenso... o nome da Nai. A Ela vimos e lle contamos coitas e miserias, sen máis que o que somos. A Ela encomendamos e nos di "tranquilo, estou contigo" O medo derrotado pola verba que se fai confiado abrazo de tenrura maternal.
miércoles, 11 de septiembre de 2024
200 ROSAS PARA A FRANQUEIRA
CON FLORES A MARIA NA FRANQUEIRA
200 ROSAS
Este canto nos remite a un deseo de adornar a nuestra Madre con la belleza de las flores. Estos días el santuario de A Franqueira se convierte una vez más en un invernadero de flores y plantas. Con los mejores deseos los romeros portan sus ramos de flores para felicitar a María en su fiesta. Cada ramo es una ofrenda de amor, confiada oración, plegaria de súplica, promesa agradecida, recuerdo de los mayores... y cada rosa blanca que hemos puesto en su carro procesional, así como las flores del altar, son la oración recogida por los donantes. 200 rosas blancas que hemos puesto con las donaciones de tantas oraciones escritas en la libreta dedicada a este fin. Quedan por comprar otras 200 para el domingo 22. Por lo tanto 400 oraciones que se hacen hermosa ofrenda, canto de amor.
viernes, 6 de septiembre de 2024
SOMOS FRANQUEIRA
SOMOS FRANQUEIRA
Y Dios nos llama al encuentro, a la sincera relación,
la palabra de la vida, limitada, frágil, fugaz,
para lanzarse a la escucha de Palabra
que se hace carne en la sencilla respuesta de una joven.
Ahora, aquí, María, la mujer que dice sí
te espera, te busca y desea que tu amor seas TÚ
un tú abierto al nosotros, un tú con nosotros
dispuesto a ser para los otros,
para construir con vosotros, con ellos.
María, lo hizo así,
su oración, su respuesta,
se convirtieron en encuentro
con Dios, que se encarna
con los hermanos que claman ser presencia de Dios.
María sabe de cruz, de silencio y soledad,
de dolor y esperanza.
Y ahora, en estos días
Franqueira es puerta abierta
cielo estrellado,
camino del peregrino
fuente del sediento.
Franqueira se hace perdón para el pecado
alimento de Dios para el hambriento de amor.
Estos días, Franqueira, se hace
palabra sanadora, consuelo en desaliento,
mirada al corazón, sonrisa y abrazo.
Estos días somos Franqueira.
Dale las gracias a nuestra Madre
encomiéndate y ponte bajo su manto



