DEXÁDEOS MEDRAR XUNTOS ATA A COLLEITA
Xesús continúa a regalarnos unhas fermosas parábolas do Reino tomadas da vida cotiá, a sementeira, a sega, o gran da mostaza e o fermento na masa. Todo está marcado pola paciencia e a espera. O termo deixádeos medrar ten a mesma raíz no evanxeo de Matei que o perdón misericordioso.
O trigo e o xoio medran case sen distinguirse, non é doado diferencialos ata que dan froito. Deste xeito, so ao fin, despois do labor da vida, nos froitos, poderemos saber se foi correcto o discernimento inetrior no que baseamos o noso día a día. Extrapolando isto, conviven no mundo realidades e feitos que poden parecer bos, pero se son sementadas no corazón polo que divide, o diaño, atopámonos que a intencionalidade, o obxectivo pode vir animado polo egoísmo, a vanidade, o orgullo e o froito será división e enfrontamento. Na sega, que chegará na fin dos tempos, será recollida nos nonllos e queimada nun lume sen fin.
O que acontece no mundo ven xerado no corazón das persoas, e iso tamén nos fai ver coa paciencia de Deus, que abrolla da súa misericordia, que no seo de todas as realidades nas que nos desenvolvemos acontecen tamén a convivencia do ben e do mal. No eido do noso interior que tantas veces nos agobia, no seo das nosas familias, na entorna da nosa veciñanza, no ámbito político e social, na economía e no resto das realidades humanas, tamén na vida da Igrexa. Pretender facer unha familia de persoas perfectas, de sociedades so de ciudadanos impolutos, ou de comunidades eclesiais de santos e santas, é unha tentación que está ao orde do día.
Deus é paciente, e infunde desde o bautismo o Espírito que fortalece a loita. Deus é paciente e derrama a súa Palabra para que nos manteñamos firmes. Deus é paciente e dános o alimento da Eucaristía para non desfalecer. Deus é paciente e infunde o seu Espírito para que medre en nós a esperanza.
Cada día, cos seus pesares e horizontes, fan posible que aprendamos a medrar, alentados pola paciencia de Deus e da súa misericordia, que o trigo poida dar bo gran, que a mostaza poida ser unha árbore, que a masa e pan poidan ser bo alimento. O gran de trigo que garantiza a supervivencia, a árbore que acolle os niños dos paxaros, o pan que xunta na mesa a familia. Todo nos fala de comuñón e fraternidade, de esperanza e vitalidade. Demos grazas a Deus

No hay comentarios:
Publicar un comentario