SAL E LUZ
Na lectura do capítulo 5 de Mateo que contemplamos estes domingos axúdannos a descubrir a identidade do discipulado de Xesús. Se o camiño que se nos propón é o das benaventuranzas, o noso ser íntimo ten un valor inmenso. O sal e a luz, elementos diarios, necesarios e fundamentais na vida cotiá, doméstica e de supervivencia, configuran cada xornada das persoas. A luz das lámpadas e o sal para condimentar e conservar os alimentos, cosntitúen o resultado dun proceso custuso. O combustible para acender as lámapdas e o sal eran un gasto moi importante na vida das persoas. Vale a pena para poder facer unha vida digna e saudable.
Ser luz, non como propia, senón derivada de Cristo luz do mundo. Alumar como signo de beleza, de transparencia, de vitalidade. Luz que axuda a recoñecer rostros, a mirar cara a cara, a poder superar as tebras da noite. Luz como servizo que está chamado a alumar a todos. A luz non se prende so para algúns, aluma a todos, non é selectiva, senón que se abre a todos, coma o sol que aluma a bos e malos, a xustos e inxustos.
Ser sal, que da sabor e consistencia. Sal que o penetra todo, dándolle un novo gusto. Como a levadura na masa vai penetrando a realidade para transformala. O sal que seve para a conservación dos alimentos, evita a súa corrupción.
O sal ademáis é signo da sabedoría na cultura xudea.
Unha cidade edificada no cumio. Como a Xerusalén á que estamos chamados habitar.
As imaxes que emprega Xesús son a Boa Nova que nos axuda a descubrir unha vez máis a beleza da nosa condición. Somos de gran valor aos ollos de Deus

No hay comentarios:
Publicar un comentario