Por esta razón o estribillo do himno xubilar complementa o evanxeo. Qué maís pode facer Deus por nós? Déuno-lo todo e nos confía todo á nosa liberdade. A súa tenrura e peciencia amosan a súa infinda entrega de que poidamos vivir na esperanza. Os coidados do Pai coas entrañas maternas, fan posible que recoñezamos a nosa fraxilidade, que non ten necesariamente que abocarnos a un sentido de fracaso, senón de realismo e de confianza. Os coidados son unha mostra de que nos vai entregando signos continuos do seu amor, e ante a imposibilidade que se nos imprime de que non sabemos e non podemos, dános non so o exemplo, senón a presenza do seu Fillo Resucitado.O novo día, o futuro, os ceos e terra, son as "novas cousas" que o Fillo realiza e promete.
O Espírito do amor derriba os muros que os homes construímos pola invasión do pecado nas nosas almas que amosan os nosos medos e as nosas irresponsabilidades con respecto aso coidados que debemos facermos uns a outros.
Son tempos de abrir portas, de abrazos fraternos e apostar por unha paz que se amose na xustiza e na concordia.
Es verdad, son tiempos de abrazos fraternos, derribar muros y de mucha oración para que el Padre, el Hijo y Espíritu Santo actúen en nuestras vidas
ResponderEliminar