Hoxe imos celebrar a presentación dos nenos e nenas á Virxe María no título da Nosa Señora da Franqueira. Unha vez máis, na festividade da Presentación do Señor, traemos aos máis pequenos da casa para ofrecerlle a María, a Nai por excelencia, os nosos desvelos e coidados, as esperanzas e ilusións, os agarimos e os achuchóns, que así como leva no coo aos seu Fillo, tamén poña nel aos nosos neniños. pomos diante de María tamén as preocupacións, as noites sen dormir e os días de tensión. Pero así se desenvolve a vida, en subidas e baixadas, éxitos e derrotas, acertos e vitorias. Así é o día a día de tantas familias. E, ademáis, co desexo de que poidan ser e contribuir ao que o Papa chama a Alianza social para a esperanza, e nela, apostando por un recoñecemento da vida como fundamento de esperanza e futuro, deberemos facernos responsables e contribuir ao seu desenrolo integral.
Hoxe, penso que moitas familias novas teñen o desexo de ter fillos. Cales son os obstáculos para que non poidan desenvolver este desexo e cumprir estas esperanzas? Moitas necen dun excesivo individualismo que ven alimentado polo consumo desordenado e unha vida que se pecha en si mesma. Levándoo ao extremo vemos que se priorizan moitos desexos previos: ocio, viaxes, compras. Pero isto está mezclado coa limitación económica de poder levar a bo termo os proxectos: traballo, casa, estabilidade, cunha sociedade que elabora un discurso solidario coa mocidade pero non lle da o protagonismo nin as ferramentas que lles axuden a facer posible os seus desexos. Unha sociedade competitiva e na que se valora o éxito. Podemos pensar que a mocidade de hoxe non é sacrificada, nin xenerosa, nin altuista, que so pensa nos seus vicios, ou que é máis cómodo ter mascota que fillos. E temos unha sociedade preocupada polo futuro e a estabilidade económica vendo a imposibilidade de ter garantizadas as pensións, ou o ben común e os servizos de saúde, educación, etc. Pero o que vexo que necesitamos é nese ámbito de Alinaza social para a esperanza que poidamos sentar na mesa aos actores desta trama: responsables polítoicos, educativos e sociais, familias e mocidade. Porque, quen lles ensinou aos novos a priorizar uns contravalores e deixar de lado o verdaeiramente importante? Quen lle axudou a decidir adecuadamente sobre os estudos, o consumo, a familia, o lecer, as tecnoloxías? Quen deixou que a propaganda e o consumo ocupara o espazo da famila? Acaso non estabñecemos o baremo de desenrolo social na tasa de consumo e gasto? Pois cando dicimos que os fillos son un gasto, un problema e un límite á liberdade, afirmacións que non nacen por si solas, estamos pondo prioridades.
A vida non é un produto de consumo, non a gastamos para recibir un beneficio, a vida, é un agasallo e danos a oportunidade de abrirnos a un camiño de esperanza que non remata, senón que está chamado a plenificarse no cumio de amor que é a mesma fonte vital: Deus. Os nenos e nenas, os fillos, non poden ser nin un atranco nin un estorbo, son a lección de amor que se nos posibilita sen reclamar nada máis que nos descubramos como amantes que se poñen ao servizo da vida. Os nenos non son un produto que garante unha economía de mercado, non son futuros consumidores, nin número nunha cadea produtiva, son a vida. Porque así o decides os pais "miña vida, meu sol, meu amor". Isto é o que nos ven dicir o evanxeo de hoxe, Simeón e Ana, viron, impulsados polo Espírito, que o meniño que traían María e Xosé, era "a nosa vida, a luz, o sol de xustiza, o amor que ven por no centro a misericordia".
A vida dos pequenos é un reto, pero antes de nada, un agasallo. Felicidades aos pais e nais. E non esquezades que no noso mundo ahi moitos nenos e nenas que están a sufrir e pedecer sendo excluídos da educación, impedíndolle un futuro axeitado, utilizados como escravos e nenos soldado, acabando nas redes de trata ou vendendo o seu corpo para extraerlles os órganos. É duro pensar que poida seguir a pasar isto, pero é así, agora decide se queres ser Alianza social pola esperanza, facendo que a vida sexa o que Deus quere.
María, Nai e Señora,
servidora do Amor
María, de luz estrela
de esperanza flor
Gracias Señor por todo. Gracias María por tu fiat
ResponderEliminar