Temos iniciado o camiño cara a Romaría das Pascuillas. Facémolo na fin do Tempo Pascual. Con María, como a Igrexa apostólica, nos unimos en oración. Estamos á espera do espírito Santo que configura a vida de cada crente e a vitalidade da Igrexa. Ao longo deste días imos pedindo os sete dons do Espírito.
Onte suplicamos a sabedoría. Pedímoslle a capacidade de que coñezamos e nos adentremos no misterio de Deus e no noso misterio. Saborear a graza de vivir no amor que procede do seu corazón. De espertar o desexo de abrir todo o ser para recibilo.
Invocamos á Virxe María Trono da Sabedoría.
Hoxe, celebramos a Ascensión do Señor. O camiño do ceo esta aberto, Cristo ascende entre aclamacións e todos nós somos encamiñados a chegar a verdadeira luz e vida. María vai connosco como peregrina da fe para que non nos perdamos, para que nos manteñamos fieis, para non dos sintamos sos.
Pedimos neste día que o Espírito derrame o don da fortaleza. Pedímolo no día que lembramos de forma especial aos que lles está a costar máis facer o camiño da vida. Temos presentes aos enfermos e anciáns, aos sanitarios e traballadores, aos familiares e todos os que coidan dos demáis.
Invocamos á Virxe María Saúde dos enfermos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario