domingo, 5 de marzo de 2023

CAMIÑANDO XUNTOS

 


Xa levamos unha semana de coresma. Como levas o camiño? Sabes que non é unha tarefa aillada en que cada un faga un esdforzo espartano por ser mellor, senón, a graza de abrirse ao Espírito que nos impulsa a adentrarnos ao deserto do corazón, desterrar o que non nos favorece a vitalidade, abrirse ao diálogo na escoita da Palabra e na vida da caridade froito das renuncias. 

Ben. Resumido o esencial, hoxe damos un pasiño máis. Nesta ver da man do papa Francisco. Na súa mensaxe da coresma fainos a proposta de vivir a ascesis desta coresma nun camiño sinodal.

Convídovos a que leades con calma a mensaxe, a meditedes. Por esa razón vos facilito o enlace para que a descarguedes nos vosos dispositivos.

MENSAXE DO PAPA FRANCISCO PARA A CORESMA 2023

Esta mensaxe parte do texto que hoxe nos propón a liturxia da escea da transfiguración do Señor no monte Tabor. Un momneto excepcional na vida dos apóstolos. Desalentados polo anuncio da paixón de Xesús, sen entender nada, e menos aínda o da resurrección, o Señor resplandece no intre de oración ante Pedro, Santiago e Xoán. 

A voz do pai resoa coa súa forza: este é o meu Fillo, escoitádeo. Un imperativo, un mandato. Escoitar para acoller, amar, seguir... como revelación do corazón entrañable do Pai. Escoitado na historia dun pobo que fai camiño xuntos, por iso Moisés e Elías. Escoitado nos irmáns, que logo de rematar todo reciben unha proposta Erguédevos, non teñades medo.

Queda moito por facer no camiño. Temos que saguir adiante para estar aos pes da cruz no Calvario e comprender o auténtico resplandor do amor.

Feliz domingo

No hay comentarios:

Publicar un comentario