viernes, 24 de diciembre de 2021

velaí que nos naceu un meniño, déusenos un fillo

Hoxe celebramos o agasallo máis grande que poidemos ter recibido, 
será por iso que nos nace no interior o desexo de compartir. 
Hoxe ven a luz que alumea as tebras da humanidade, 
será por iso que pomos no rostro a lumieira da ledicia.
Hoxe ollamos a fraxilidade dun meniño nado na pobreza, 
será por iso que se nos abre a vida á tenrura.
Hoxe derrámase sobre de nós a graza de sermos fillos no Fillo, 
será por iso que nos abrazamos coma irmáns.
Hoxe, pechadas as portas, 
ábrese o ceo da benaventuranza para os pobres e desherdados, 
será por iso que saímos polas rúas sendo esmoleiros da verdade.
Hoxe cae sobre o mundo un manto de amor, será por iso que erguemos os ollos ao ceo buscando as estrelas.
Hoxe agroma a vida onde non había esperanza, 
será por iso que facemos memoria 
e buscamos a quen pedir perdón e con quen mirar cara o futuro.
Hoxe a noite non é tranquila, as carreiras os pastores buscan o presebre, 
será por iso que non temos medo a camiñar nas tebras.
Hoxe os anxos cantan a coro paz para os homes, 
será por iso queas cantigas máis fermosas son as de amor.
Hoxe unha doncela nos agasalla o seu filliño, 
será por iso que cantamos e agarimamos aos picariños.
Hoxe un home fai para o meniño dun presebre un berce, 
será por iso que nada está perdido e con cariño o que non serve é o máis importante.
Hoxe Deus sorrí, 
será por iso que buscamos secar as bágoas dos que sofren.
Hoxe non é noite, 
será por iso que non queremos durmir.

Ven para nós un meniño que é o centro das nosas olladas, o desexo dos nosos coidados. Un meniño fráxil e pobre que ven reinar nas nosas vidas co amor e a tenrura.

Feliz noite boa, Bo Nadal

No hay comentarios:

Publicar un comentario