domingo, 21 de abril de 2019

XARDÍN PASCUAL


Hoxe as igrexas están engalanadas. Entras nelas e todo nos fala da ledicia pascual. Por que din que son lugares tristes? Para nada. Están arrecendendo o aroma da vida. 
Hoxe o son das campás resoa en todas partes. Unha explosión de festa que traslada dun lado ao outro a mensaxe da vida. 
Hoxe os fogares son un correteo de xentes, novos e vellos, comparten felicitacións. Os nenos son agasallados, os maiores son reconfortados. Hoxe risos de ledicia, pois cantamos a vida.
Hoxe a luz de Deus chega ao últimos recunchos. Os tristes e desalentados non poden estar sos, os magoados e desacougados non están abandoados. Hoxe Deus fainos resucitados
Hoxe foi derrotada a morte quen tiña retido ao autor da vida.
Na maña do primeiro día da semana, ao alborexar, as mulleres van ao sepulcro. Xa foron pasando as horas, os apóstolos, medoñentos, están agochados no cenáculo. Quen vai ir? Elas. cos aromas e os ungüentos. Cos panos e a tristura. Necesitan tocar por última vez o cadáver do Señor. Van tristes, o corazón valeiro, pois roubaron ao amor da súa vida. Labor feminina, non por ser exclusiva, senón porque so coma elas saben de sufrir. Co corazón partido atopan o sepulcro valeiro.
Agora, irmás, sodes para nós as mensaxeiras. Espabilarnos os corazóns para berrarnos "non está o Señor no lugar dos mortos"
Saíde, saíde e correde polos vieiros, anunciade aos corazóns baleiros, entrade nos fogares tristeiros, arremetede contra a morte, pois con Cristo temos vencido.
Benqueridos irmáns, a vos proclamo CRISTO ESTÁ RESUCITADO
FELICIDADES

Feliz Pascua
21-04-2019

No hay comentarios:

Publicar un comentario