jueves, 9 de agosto de 2018

EU FAREI ALIANZA CONTIGO





Onte á tarde o ceo, no medio da choiva, abriu un chisquiño, e por entre as nubes caeron uns raios de sol. Suficientes para emosionarnos coa fermosura do arco da vella. Xurden as cores e desplegan a súa beleza para que por unha vez elevemos os ollos ao ceo. Coa boca aberta contemplemos o que non podemos por nós facer, e descubramos a silenciosa chamada do Señor a vivir en alianza con el. O arco da vella e signo deste pazto que Deus fai despois do diluvio. Esa alianza que fai connosco ao saír das augas bautismais nas que fomos dados en libertade.
Onte, o fogar da Virxe da Franqueira, quedou amparado baixo o tei to da fermosura. A min lembroume na oración como grazas a María a beleza da fe faise presente en quen fai alianza connosco no seu Fillo.
Poño dúas fotos, pero podes entrar no facebook e ver algunhas máis

Feliz día
Xabier Alonso
9-8-2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario