FESTIVIDADE DA NOSA SEÑORA DO ROSARIO EN
PRADO DA CANDA
A
covelense parroquia de Prado da Canda, cuxa igrexa dista a escasos 3 quilómetros
do Santuario da Franqueira, celebra na vindeira fin de semana a festividade en
Honor da Virxe do Rosario. Estas celebracións teñen dúas peculiaridades: a
danza que no seu honor realiza a mocidade da parroquia e a veneración das reliquias
da enciñeira das aparicións da Virxe en Fátima coas dos santos Francisco e
Xacinta Marto, recentemente canonizados polo Papa Francisco.
As
danzas son realizadas por catro parellas de mozos e mozas levados nos seus
distintos momentos por un guía. Unha longa e vistosa danza que se realiza na
fin da procesión o sábado pola tarde e o domingo pola mañá. Este tesouro foi
gardado celosamente polas distintas xeracións que foron transmitindo de
xeración en xeración, facendo dela, expresión de amor á Virxe María. A música,
realizada maxistralmente polo grupo dos Folieiros de Lavadores, marca un ritmo
que os danzantes van acompañando coas castañolas e facendo distintos pasos nos
que, con maestría, rematan axeonllados aos pes da imaxe da Virxe.
As
reliquias foron agasalladas á parroquia hai máis de 20 anos. Expostas durante a
novena son veneradas nos días solemnes das festas. Este ano teñen unha
centralidade moi especial ao conmemorarse o centenario das aparicións da Virxe
en Fátima.
A procesión terá, asemade da imaxe da Virxe, a de Santo Domingo, bendicida polo Sr. Bispo na Romaría das Pascuillas na Franqueira o pasado mes de xuño
Os
horarios da festividade son os seguintes:
Sábado
30 de setembro
6 da
tarde: Rosario, Novena, Misa Solemne en Honor da Virxe, Procesión e Danzas
Domingo,
1 de outubro
12 da
mañá: Misa Solemne en Honor da Virxe, Procesión e Danzas
O día 7
de outubro
12 da
mañá: Misa Solemne en Honor da Virxe e Procesión
No hay comentarios:
Publicar un comentario