miércoles, 19 de julio de 2017

A FRANQUEIRA. CAMIÑO DE CARIDADE






A programación deste curso que xa ten rematado centrou os seus obxectivos na Eucaristía e Caridade. Dous pilares no que se edifica o edificio da nosa fe. Queremos, neste tempo do verán e nas semanas previas á celebración da Romaría da Natividade da Virxe María, adentrarnos nunha peregrinación interior, que nos adentre no Misterio de Amor que é a Eucaristía e nos encamiñe cara ao irmán necesitado, presencia do Señor no pobre.
Por esta razón estaremos:

  • Vivindo máis fondamente a Eucaristía diaria, coa participación activa, os cantos, a reflexión.
  • A Eucaristía dominical como renovación pascual semanal
  • No Sacramento da Reconciliación como encontro coa Misericordia entrañable do Pai 
  • Coa lectura compartida da Sagrada Escritura no grupo de Biblia
  • Na Adoración Eucaristíca como tempo de contemplación e silencio do amor
  • Coa oración polos enfermos e os seus familiares como cercanía ao sufrimento
  • Coa pregaria polos nosos finados e os seus familiares, tenrrura esperanzada do Resucitado
  • Na oración familiar como unha chamada de comunión entre o Santuario e os nosos fogares
  • Coa visita a quen o precise para o acompañamento e a cercanía
  • Co equipo de Cáritas interparroquial, expresión da caridade da Igrexa
  • Coa Campaña "Enlázate pola Xustiza" unha proposta de conversión apostando por un estilo novo de vida.
  • Co canto agradecido e oracional do coro, ledicia do corazón que nace do recoñecemento do amor
O noso empeño está en deixarnos conducir por este amor que abrolla do corazón de Cristo e, no peregrinar acompañados e axudados por María, Virxe da Fonte da Franqueira, servir mellor deixándonos amar por El e achegarnos amando aos irmáns.


Xabier Alonso
A Franqueira
19-07-17







No hay comentarios:

Publicar un comentario