O vindeiro sábado 27 de maio dará comezo no Santuario da Benaventurada Virxe María da Franqueira a Novena de preparación para a celebración da Romaría das Pascuillas. Unha nova oportunidade para achegarnos á Nosa Naiciña e acoller o seu exemplo de fe na peregrinación da vida, prepararmos desde a oración a nosa peregrinación parroquial e alentar a nosa devoción mariana. Este ano, unidos á programación diocesana contemplaremos á Virxe María como a muller Eucarística. Nela descubrimos ao longo da súa vida unha vida eucarística facendo da súa existencia unha doazón continua do seu ser, unida ao seu Fillo, desde a anunciación ata a asunción aos ceos en que intercede por nós.
No domingo teremos asemade por primeira vez o Pregón da Romaría a crago da profesora de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, a tudense, Marta Cendón Fernández. ë unha muller apaixoada pola historia e a arte, oque logra conxugar nunha linguaxe cercana e transmitindo ao oínte esa mesma paixón. Será ás 6 da tarde e teremos o gozo de poder escoitar dunha grande especialista algún aspecto da historia artística do antigo mosteiro do Císter e que nos deixaron como legado da súa presenza durante séculos o tesouro da devoción mariana que atrae cada ano a milleiros de devotos e peregrinos.
Os horarios son os seguintes
Sábados ás 6 da tarde
Domingos ás 4,30 da tarde
De luns a venres ás 8 da tarde
Tendo o Rezo do Rosario, a Novena e a Celebración da Santa Misa
No hay comentarios:
Publicar un comentario