miércoles, 24 de mayo de 2017

PROMESAS SEN CUMPRIR





Bos días. So che pido que botes unha ollada á foto que poño nesta mensaxe. Un grande cartel que leva xa moito máis que dous meses colocado nun lugar estratéxico na entrada dsa Franqueira. Por certo, que o colocaron sen pedir permiso ao propietario da finca. Nel aparecen os datos dunha obra que levaba tempo a deseñarse, e, despois de diversas reunións e proxectos, conxuntamente colaborando Concello da Cañiza, Deputación e Xunta de Galicia, chegou ao resultado de ser presupostada, licita e comezada. A obra, tivo o visto bo en abril de 2015, si, tes lido ben, ano 2015. Neste proxecto están incluídos os lugares máis significativos deste santuario: O Coto da Vella, Os Vía Crucis da Pardanta, os Miradores, a Antiga Ermida, A Fonte, o pilón da Virxe da Fonte e o entorno do Santuario. Neste tempo aconteceron as eleccións municipais e o cambio de goberno na Deputación. Comezadas as obras, despois de ser revisadas, e cun orzamento como se pode ver de 251.115 €, quedaron paralizadas por problemas con Patrimonio. 

Quexera comentar varias cousas que me parecen importantes:


  • Os proxectos e as accións é importante dedicarlles tempo, non é bo ir moi a correr pois despois quedan cousas mal feitas. Pero tan lentos non, por favor.
  • Que as administracións velan máis polos seus intereses que polos servizos aos cidadáns.
  • O tema patrimonial paréceme importante e necesario, así, cando me chamou un arqueólogo para facer unha cata diante do Santuario, remitinno a Comisión Igrexa Xunta para estes temas, tal e como nos obrigan a todos, e moitas veces tamén din non ás propostas, sobre todo os técnicos da Xunta.
  • Que a información que da o cartel está incumprida, pois comezar comezouse, pero rematar aínda está por ver.
  • Que supoño que estes retrasos non suporán un encarecemento no orzamento pois a empresa licitada tivo que deixar o traballo a medio facer e su poño que sen cobrar o traballo realizado naquel momento.
  • Que son moitas máis as cousas a realidades necesarias a mellorar: accesos viarios, aparcadoiros (xa veremos isto máis adiante)


Pero tamén, á luz deste acontecemento, quixera compartir outra reflexión.
Abrámonos á realidade e descubramos a deixadez coa que en outras xeiras tamén estamos a funcinar. Así, desde o ámbito persoal, imos deixando as cousas pasar porque nos implican e nos comprometen, porque supoñen un esforzo, ou porque vemos máis o éxito inmediato e os resultados que nos engrandezan. Na familia, en que custa establecer diálogos comprometedores e nos que nos impliquemos, quedando en que se supoñen as cousas, ou que xa o faremos, xa o falaremos, xa o veremos. Como so diálogos se enquistan, vivindo nun individualismo exarcerbado, que nos fai perder a perspectiva histórica, no tempo, e comunitaria, no espazo. Os intereses persoais por enriba dos comunitarios, así como os intereses de grupo e non os que fan máis falta.
Polo tanto, o que estamos a poñer sobre a mesa, non é so un tema puntual, senón que é reflexo tamén da situación en que vivimos.

¿Qué necesitamos?

Facer unha análise realista da situación comprobando as necesidades, as lagoas que existen e as posibilidades de futuro.
Sentirnos implicados no futuro, non como algo imposto do que temos que conquerir, senón como o que nos ilusiona.
Sermos imaxinativos e positivos.
Abandonar os prexuicios e os particularismos.
A xenerosidade como visión da vida, non a busca dos beneficios inmediatos.
As persoas no centro, pois na medida en que nos comprometamos seremos protagonistas do noso futuro.
Romper con minifundismo cultural e social, ter unha visión global da vida e da realidade social.

¿Como facelo?

Con sinceridade, honestidade, buscando entre todos o mellor. E se podemos nun futuro ver este proxecto realizado. 

Remato, non quero esgotar os temas, senón que seguiremos. Convido a unha reflexión sobre todo isto, e outras que compartirei convosco e que poidamos madurar nas nosas tarefas.

Que María, a Nosa Señora da Franqueira, nos axude a todos.

Xabier Alonso
A Franqueira
24-05-17


No hay comentarios:

Publicar un comentario