sábado, 28 de enero de 2017

PRESENTACIÓN DOS NENOS Á VIRXE DA FRANQUEIRA




PRESENTACIÓN DO SEÑOR
AS CANDELAS
Comezamos o mes lembrando que aos 40 días de ter nacido, o Meniño Xesús, foi presentado no templo. O vello Simeón foi quen de proclamar que é a luz que ven alumear as nosas vidas. Como lembranza deste acontecemento se bendicen as candeas, e que todos nós, levemos a luz do Señor aos nosos fogares.
As Misa serán
4,00 da tarde A Lamosa, 5 da tarde en Prado da Canda e 6 da tarde na Franqueira

SAN BRAIS
O día 3 festexamos ao Bispo e mártir San Brais. Como ven sendo tradición nese día teremos a bendición do pan. As misas son no seguinte horario
10 da mañá na Lamosa, 6 da tarde na Franqueira
En Prado da Canda será ás 11 da mañá con Misa solemne e a procesión como é costume.

PRESENTACIÓN DOS NENOS Á VIRXE DA FRANQUEIRA
O domingo 5 celebramos a presentación do nenos á Virxe da Franqueira na celebración da Misa das 5 da tarde. Co lema “Os nenos a ledicia da vida” damos grazas a Deus polo don grandioso e o exemplo de sinxeleza que nos dan os máis pequenos. Poñémolos baixo o manto da Virxe para que, como Nai bondadosa, os coide e protexa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario