domingo, 1 de enero de 2017

HAI TEMPO. ANINOVO




Feliz e próspero aninovo. 
Temos tempo. De aquí ao fin aínda queda. Bo, onde vas con presa, non ves que temos tempo?. 
A nosa ollada lineal da historia fainos ver cara ao futuro como un "xa chegará". E o tempo acaba atrapándonos e facéndonos caer na conta dun "que rápido pasa o tempo!". 
Si, meus amigos, se nos deixamos,  acabamos engulidos por esa néboa que cando nos enfrenta á nosa realidade caduca. Agora queda moito por diante, días e dias,proxectos e ilusións. Os nosos, pero que espera e desexa o Señor de nós?
Hoxe felicita a todos co desexo da paz.
Nest primiero día celebramos a Virxe María, Nai de Deus, poñemos baixo a súa protección os días e horas que quedan por vir e que todos sexamos unha bendición de Deus para todos.
Bo aninovo

Xabier Alonso
A Franqueira
01-01-17

No hay comentarios:

Publicar un comentario