viernes, 30 de mayo de 2014

COMEZA A NOVENA NA HONRA DA VIRXE DA FRANQUEIRA

NOVENA NA HONRA DA VIRXE DA FRANQUEIRA.

No sábado 31 de maio, ás 6 da tarde, dará comezo no santuario da Franqueira a Novena que anuncia xa as inmediatas festividades da Romaría das Pascuillas. En horario vespertino, os sábados ás 6 da tarde, domingos ás 4,30 da tarde e, de luns a venres, ás 8 da tarde, os cultos na honra da Virxe da Fonte da Franqueira, serán, como é habitual co rezo do Santo Rosario, a Novena e a Celebración da Misa. Este ano cada día está organizado e preparado para que participen os distintos grupos que configuran a pastoral do Santuario. O sábado seá o turno do Grupo e Cáritas interparroquial “Nosa Señora da Franqueira”, o domingo estará adicado ós enfermos. O luns 2, xa ás 8 da tarde, estará dedicado ó grupo de oración na casa, as persoas que vía intenet reciben cada mes as propostas de oración do Santuario. O marte 3 rezarase pola Igrexa; o mércores terá o quenda o Grupo bíblico; o xoves pasaralle o testigo ás familias; e no venres contará, como é costume, coa participación da parroquia de Mondariz- Balneario. Esta parroquia organiza unha peregrinación pensando osbre todo nas personas maiores, e deste xeito, como non podem vir o día próprio dedícase esa xornada. A comisión organizadora fleta um autocar e asisten ós cultos á Nosa Señora. Xa nas últimas xornadas, o sábado 8, ás 6 da tarde, será o grupo de catequistas e os xóvenes das parroquias de Prado da Canda, A Lamosa e A Franqueira. O domingo, ás 4,30 da tarde prepara e participa o grupo coral do Santuario “Nos Señora da Franqueira”. O obxectivo é a de implicar ás persoas que durante o ano están a participar na pastoral do santuario. Todos os días terase un recordo moi especial polas parroquias que están a preparar a súa peregrinación á Franqueira. Hai unhas semanas, como é costume, xa tiveron a reunión de coordinación entre o santuario e as comisións parroquiais, así como a comunicaciónque se fai cos párrocos para animar a boa marcha das peregrinacións e da Romaría. Tamén se teñen presentes ós que durante o ano faleceron e que asistían ás Romarías da Virxe da Franqueira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario