A MINADA
FINAL DE CURSO
Se no comezo do curso os libros, cadernos, lápices;
agora hai que engadir o material informático; estaban recen
estreados, nestes días xa están marcados polo paso de tempo,
e polo nerviosismo propio das últimas semanas, que fan
estragos en todo. Xa chega a fin e vense os resultados do
labor de todos estes meses. Xóganse as últimas cartas e “a
sorte está botada”. Agora a moitos chégalles a hora da
verdade, ou como di o refrán “o S. Martiño”. Cales son os
resultados finais?. E pensamos nas notas, ou cualificacións, crendo que todo se pode medir nun simple
número e nunha decisión final. Convido ás familias que teñen os seus cativos e xoves en idade escolar a
facer un esforzo e dedicar un tempo sereno e fructífero a dialogar sobre estas últimas semanas. Un diálogo
analizando cales foron os avances conseguidos a nivel persoal, madurez, estabilidade, na responsabilidade
no traballo, nas tarefas; a nivel comunitario, no sentido de relación cos compañeiros, co profesorado, nos
valores: solidariedade, amistade, perdón, axuda mutua, tarefas comunitarias; nun avance espiritual, poñer
ó Señor nas tarefas de cada día, facendo do traballo un lugar de “santificación, pois Cristo tamén
traballou”, a madurez interior para asimilar as dificultades e os retos, vivir as virtudes cristiás tanto
interiores como na relacións humanas: servizo, humildade, entrega, xenerosidade, etc.
Non deixemos na improvisación, ou pensando que as cousas xa se arreglarán co tempo, ou xa
madurarán porque están pasando unha mala época, ou a culpa é dos demáis, as malas compañías ou os
profes que lles teñen manía. Repito non deixemos pasar de largo o tempo. E para os pais e os avós é un
momento crucial. Os xoves están vivindo nun ambiente desmotivado, porque a sociedade así está, pois
non hai un futuro moi alentador para a xuventude. Pero tamén nun mundo competitivo, que non axuda
precisamente, a vivir os valores cristiáns. Non podemos predicar a frase de Cristo “o que queira ganar a
súa vida ten que perdela”, senón que a mensaxe social e que para ser alguén tes que gañar, ser o primeiro,
e terás un posto importante. Na casa é onde podemos dar un sentido ó que fan os rapaces cada día, e por
iso, tamén vos animo a que o fagades desde a oración, ofrecendo ó Señor a oportunidade de entregar ós
fillos algo máis que unha promesa de un agasallo por ter sacado boas notas.
Benqueridos amigos axudade ós vosos fillos e netos a ser felices, e vos seredes moi felices.
Xabier Alonso Docampo
Párroco de A Franqueira, Prado da Canda e A Lamosa
No hay comentarios:
Publicar un comentario