28 de abril de 2014
6 da tarde: Misa en Honor de San Telmo e polos mariñeiros
falecidos
e as súas familias
O Beato Pedro González Telmo, coñecido como San Telmo, é
patrono da nosa Diocese de Tui- Vigo, da cidade de Tui e dos navegantes. Foi un
frade dominico que, despois de acompañar ó rei na conquista en Andalucía,
percorre Portugal e chega a Galicia para evanxelizar. O seu traballo pola
diocese inclúe, ademáis do anuncio da Palabra, a defensa dos pobres, a axuda
material, construcción de pontes, etc. Falece en Tui despois de predicar a
Semana Santa cando ía camiño de Santiago. O seu corpo repousa na capela das
reliquias da Catedral de Tui. O seu culto está extendido por todo o mundo.
No ano 2009 a Confradía de San Telmo agasallou á Virxe da
Franqueira cunha imaxe do Santo Patrón. E no 2011 a S. I. Catedral de Tui
enviou unha reliquia para a veneración neste Santuario, consistente, nun trozo
de tela que envolveo o seu corpo santo.
O Luns 28 de abril, ás 6 de tarde, celebraremos unha
Eucaristía na Honra de San Telmo, e tamén, como patrón dos navegantes,
lembraremos ós mariñeiros mortos nos últimos accidentes e ás súas familias. Na
fin da celebración venerarase a Reliquia de San Telmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario