Despois dalgúns anos, a reinaugurada Caritas interparroquial Nosa Señora da Franqueira, volve participar na Asemblea Diocesana de Cáritas. Foi unha oportunidade ideal para renovar as forzas e ilusionarnos cos proxectos. Somos un grupo dunha dúcia de persoas, todas mulleres menos o párroco, e neste momento estamso a atender as urxencias dunha quincena de familias da comarca. As necesidades son moitas e as ganas de traballar polos demáis non nos faltan. Estamos a ter a formación adecuada imparticda desde Cáritas Diocesana, José Angel e logo unha traballadora social, axudarannos a facer o noso labor o mellor posible e a servir dunha forma eficad e sobre todo evanxélica.
A asemblea axudounos a centrarnos no labor, a saber que somos moitos, a ilusionarnos escoitando as testemuñas, a pensar que moitas cousas son posibles, a crer no futuro, a saber amar e servir ós máis pobres,a non ter medo, a convivir con moita xente, a moitas cousas que aprendemos.
Iremos pouco a pouco facendo posible o que nos parecía imposible
No hay comentarios:
Publicar un comentario