sábado, 8 de agosto de 2026

LANZARSE Á INTEMPERIE

 


LANZARSE A  INTEMPERIE

Unha proba de fe 

Despois de que Xesús despediu á xente subiu a un monte a orar. Como Elías no Horeb, Xesús necesita o silencio, precida gardar no seu interior e discernilo no diálogo co Pai. Os acontencementos veñen seguidos: a morte violenta de Xoán Bautista, o servizo a unha multitude famenta de paz e de pan, e agora lanzarse á intemperie do mar embravecido que amosa o seu poder sobre a creación. 

Elías estaba tamén nun camiño de discernir a presenza de Deus. Os fenómenos extrordinarios do temblor de terra, a tronada, o lume, fan á persoa sentirse mínima. No medio da devastación, do terror, descubrir se Deus está a manifestar o seu poder destructor. Pero alí non estaba. Alí está unha natureza, a criatura abrindo paso á manifestación de Deus. O Señor revélase na suave brisa. O que case non é perceptible. O que case non se sente nin se oe. Alí manifesta a súa presenza Deus que sobrecolle no silencio desbordante.

Na tempestade que fai tambalear a barca dos apóstolos anunciase a chegada do Fillo de Deus. Camiñando sobre as augas revela a súa presenza. Fai soar a súa voz como unha suave brisa que desborda o corazón dos seus amigos "Non teñades medo, son eu". SON EU revela a manifestación da súa divindade.

Pedro quere tamén lanzarse á intemperie, pero el, como os seus compañeiros, necesitan pasar pola fe de ser rescatados. Na fraxilidade, no sentirse fundidos, xurde a verba suplicante "Señor, sálvame!!!". Quen colle da man e levanta das augas é Deus que nos resucita da morte e nos acolle, pola fe, na que se proclama que el é o Fillo de Deus, por medio do bautismo. "Fomos rescatados das augas para facernos vivir na libertade de sermos fillos e fillas"

Vivir a fe é asumir a intemperie, a fraxilidade estando nas mans do Señor.

A devoción á Nosa Señora da Franqueira leva unido o agradecmento dos mariñeiros salvados das tempestades. Existiu un mural que cubría a parece do arco triunfal que representaba á Virxe sacando das augas unha barca cos mariñeiros. A imaxe que vos presento é unha complsiciòn feita coa IA.


No hay comentarios:

Publicar un comentario