domingo, 31 de julio de 2022

A COMER, BEBER E ¡A VIVIR!


Xesús ponnos unha vez máis ante as decisións máis importantes que comprometen o destino das nosas vidas. Se ao inicio do seu ministerio proclama como primiera benaventuranza "felices os pobres", non é de extrañar que o seu ensino sega unha liña narrativa coherente. 

A parábola do home que ten unha boa colleita e pensa de forma raquítica no seu futuro cunha simple frase "a comer, a beber e a ¡vivir!" non está lonxe da corta mirada que hoxe se nos impón. Todo esforzo, traballo, dedicación ou resultado é froito das capacidades e dos labores persoais, e, cunha desmesurada "xenerosidade", o sistema ofréceche a compensación merecida e a oferta de doisfruta dos bes porque "son dous días". Este cortoplacismo frainos vivir na inmediatez e na búsqueda de satisfaccións que comprenden o progreso como un continuo enriquecemento, non so material, senón tamén en servizos que teñen o beneficio e o placer xcomo bens supremos. 

A pandemia foi unha oportunidade, considero que a estamos a perder, de reconducir as nosas vidas cara un humanismo no que prime o labor comunitario, o progreso integral en que todo temos moito que aportar, a defensa dos máis débiles e a súa protección, a igualdade entre os membros da familia humana e de oportunidades para desarrollarnos coas nosas potencialidades, o ben común para que aninguén lle falte o imprescindible, a vida como un labor e non como un negocio, e a conciencia de formarmos parte dun fogar común que temos que coidar. Enfrentados á fraxilidade desta sociedade, non fomos quen de recompoñernos dunha forma realmente digna, senón que cada día van medrando as desigualdades. Aquel home so pensaba en si, no seu beneficio, cando todo nos convida en que pensamos nun nós cada vez máis grande. 

Cando un meniño agarra o seu xoguete e berra "é meu", intentamos facerlle comprender que as cousas son para compartir, facémolo desde o cenvencemento de que a vida e as cousas son un don e un agasallo. Pero para as cousas de adultos, para a estructura social e a vida comunitaria, creo que non pensamos o mesmo. Moito nos cambia o conto cando nos tocan o de cada un.

Desde esta semana estamos endebedados co planeta. Segundo os cálculos os recursos da terra para este ano estaría rematados, polol tanto, estamos sobreexplotando os recursos e gastando o que non nos corresponde, pois necesitariamos 5 planetas para seguir gastando ao ritmo en que o facemos. Nin sequera a pandemia nos fixo frenar na voracidade coa que imos engulindo o que temos recibido de forma gratuita e coa que debemos administrarnos. Estamos facenod a nivel planetario o lema daquel home da parábola "comer, beber e a ¡vivir!". Parece un proxecto bastante ridículo para sermos os seres máis intelixentes do planeta. Para outra vez deixamos o do ocio, diversións, gastos fastusoso e festas de papatoria.

Onte comezaron uns incendio preto das nosas parroquias, en concreto en Mourentán e Arbo. A sensación de impotencia ante a magnitude que adquiren os lumes é impresionante Vemos con impotencia como o ben tan preciable volve ser pasto das chamas. Esperamos e desexamos que todo se resolva e, pedimos con toda a nosa fe, que viren os tempos, volvan as choivas e poidamos coidar mellor os noso recursos.

feliz domingo

Xabier Alonso


Lectura del santo evangelio según san Lucas (12,13-21):
EN aquel tiempo, dijo uno de entre la gente a Jesús:
«Maestro, dije a mi hermano que reparta conmigo la herencia».
Él le dijo:
«Hombre, ¿quién me ha constituido juez o árbitro entre vosotros?».
Y les dijo:
«Mirad: guardaos de toda clase de codicia. Pues, aunque uno ande sobrado, su vida no depende de sus bienes».
Y les propuso una parábola:
«Las tierras de un hombre rico produjeron una gran cosecha. Y empezó a echar cálculos, diciéndose:
“¿Qué haré? No tengo donde almacenar la cosecha”. Y se dijo:
“Haré lo siguiente: derribaré los graneros y construiré otros más grandes, y almacenaré allí todo el trigo y mis bienes. Y entonces me diré a mí mismo: alma mía, tienes bienes almacenados para muchos años; descansa, come, bebe, banquetea alegremente”.
Pero Dios le dijo:
“Necio, esta noche te van a reclamar el alma, y ¿de quién será lo que has preparado?”.
Así es el que atesora para SÍ y no es rico ante Dios».



No hay comentarios:

Publicar un comentario