sábado, 6 de noviembre de 2021

DAMOS O QUE SOMOS


O texto deste domingo segue axudarnos a afondar no significado do seguimento do Señor. Despois de acompañar durante semanas o camiño de Xerusalén, o domingo pasado, lembrounos o centro da identidade de sermos discípulos: o amor a Deus e aos irmáns. Unidos nun único desexo que, inspirado polo Espírito, convértense en mortor esencial da vida do crente.

Hoxe, as verbas de Xesús, son no templo. A súa ollada é de quen é observador e axuda a que fagamos un discernimento desde a conversión.

Observa aos letrados, que son ben distintos do que anda á busca como o de hai unha semana que preguntaba e non estaba lonxe do Reino. Hoxe son os seus feitíos: vestimentas, primeiros postos, reverencias e, o máis graves, hipocresías que levan a ser inxustos. E dilles a todos coidadiño! non caiades nestas tentacions: vanidade, fanchosidade, orgullo, hipocresías, inxustizas... moito aparentar e logo os corazóns fríos. Unha chamada a todos. Como se pasearían aqueles homes polos pazos e o templo, polas rúas e mercados dándose de sabios e ignoraban a esencia da mensaxe do Pai Bo.

Pero logo a súa ollada vai dirixida a viuva. Ela, que bota unha miseria no peto, namentres os importantes botan a fartura. E dilles aos discípulos. Agoa a chamada é máis intensa se cabe. Estase revelando nunha mullero pobre a grandeza da mensaxe divina. Xesús fálanos del mesmo, que veu sendo pobre e entregou todo o que é e o que ten: dáse a si mesmo.

Tes algo que dar? Si. Pémsao ben. O que te vai facer rico no Reino é a túa xenerosidade, dándote ti mesmo: o teu tempo, o teu corazón, o teu amor, o teu compromiso, a túa vida. Non agoches nada nin para ti nin por ti, faino polos demáis. Faino de corazón e con amor. Entón enriqueceremos a todos pondo o mellor de nós mesmos. Claro que este cambio necesita dunha conversión persoal, dun cambio interor, pois cantas veces dicimos que non temos tempo para nós, pero, eu che digo, disfruta e vive o que fas cos demáis e polos demáis. É precioso aos ollos do Señor. Non estragues o tesouro que hai en ti. Víveo.

Nesta familia dos crentes son moitas cousas que podemos compartir, e de xeito siencioso e caladiño. Vas a Igrexa e ves tod posto, agradable, a Misa preparada, e que invita a rezar, pois iso grazas a persoas que están ao servizo da comunidade. Os cativos van a catequese e teñen actividades, e fórmanse e axúdaselles a medrar na fe, e hai catequistas que dedican o seu tempo a formarse e a entregar o seu tempo. E así todo, os sacerdotes nas parroquias, nos hospitais, nos centros; as relixiosas e relixiosos na atención aos máis desfavorecidos. Os membros de Cáritas coa entrega de doazón. Os que impulsan a cultura desde unha visión cristiá, os que axudan a medrar na familia, os que están en grupos de oración, as monxas de clasura e os que atenden os migrantes. A mocidade que evanxeliza os lugares dos máis novos. Todos e todas somos unha familia que estamos a camiñar nunha andaina marabillosa de vida e amor.

Vivamos como Igrexa.

Feliz domingo

Xabier Alonso

No hay comentarios:

Publicar un comentario