domingo, 14 de junio de 2020

CORPO DE CRISTO VIDA PARA O MUNDO



Examíname a fondo, Deus; coñece o meu corazón;
próbame, e coñece os meus sentimentos.
Olla se é torto o meu camiño,
guíame ti polo camiño eterno.

Este versos do salmo 139 serven de introducción ao comentario co que hoxe quero referirme nesta festividade do Corpus. O salmista traslada a memoria da intervención liberadora do Señor que nos describe hoxe a primeira lectura (Deut 8) e que nos fala das probas no deserto. Refíerese a fame e sede como o momento de proba no que o Señor puido coñecer o corazón do seu pobo. 
Examina, próbame, coñece os meus sentimentos. Referíandose non aos afectos, senón, a toda a forza que impregna o senso fundamental da vida e da acción do crente. 
O deserto e silencio do confianemto puxo a proba o noso corazón. Cal foi o noso alimento? Como nos fortalecimos? Que lugar ocupou a oración? Cal foi o meu diálogo co Señor e cos irmáns? Unha travesía de tres meses que non pode quedar reducido a un mal soño e no que aceptásemos como consecuencia lóxica a morte de milleiros de persoas. A nosa fe é fortalecida nas probas que nos fan ver que non somos nós, senón o Señor, o que nos leva ata a fin.
Non so de pan vive o home, senón de tada palabra que sae da boca de Deus. Con esta rotundidade o mesmo autor do deuteronomio nos axuda a facer un xustoi discernimento. O maná é aticipo da Palabra que descende e alimenta a vida dos homes, o Corpo de Cristo, comida para a vida dunha humanidade rescatada dunha travesía de desolación e orfandade para recuperar o xardín da vida en Deus e a condición de sermos fillos.


Quen come a miña carne e bebe o meu sangue vive en min e  eu nel (Xn 6)

O desexo de moitos ao saír da casa foi o de reunirse cos seus seres queridos, sentarse á mesa, compartir un banquete. O importante non era o que se puña enrriba da mesa, nin o que enchía as bandexas, senón a  posibilidade de alimentar a esperanza co compartir. Así o banquete é signo, non so da necesidade física de dar de comer ao corpo, senón, a de servir na mesa aos que queremos alimentar coa esperanza. A mesa familiar é o momento de poder expresar o que nestes meses foi sentarse a comer, moitas veces no silencio do corazón e co aturdimento das novas que co seu bombardeo continuo nos asediaban a alma creando a sensación de inseguridade e o medo a non poder enfrentarnos á nosa propia fraxilidade.
Xesús senta na mesa do seu Reino aos medoñentos apóstolos que a cruz puxo a proba o seu seguimento. Cristo resucitado parte o pan e dálles o alimento da caridade para levar a vida nova a este mundo. 


A miña comida é facer a vontade daquel que me mandou e levar a remate a súa obra. (Xn 4,34)

Agora xa son tempos de normalidade. Norma, regra, que nos ven dada polas medidas de prevención. Temos que ter coidado e coidar da saúde de todos con responsabilidade. Pero, iso é suficiente? So teño que andar con coidado? Non me dará a sensación de desconfianza cara as posibilidades de que outros me poidan transmitir unha enfermidade? ou que outros descofíen de se estou san? Como podo crear novos vínculos saudables?
Pois comenzando a considerar que a norma non é so a que me ven imposta, ou recomendada e convértese en obrigada cando pode ser motivo de sanción se non a cumro. Senón a considerar cal quero que sexa desde agora, como persoa crente, a norma vixente que debe renxer a miña vida. Non a dos propósitos que poidan rematar en asfixiar a alma, senón a de alimentar co amor sobreabundante do Pai. Aquel que nos encamiña na peregrinación, ás veces desconcertante da vida, pero que nos convida a axeonllarnos ante os irmáns para ofrecerlles o tributo da sincera entrega. Podo entregarme sen miramentos a unha superficilialidade que únicamente satisfaga os impulsos primarios, ou descubrir no sinxelo, na pobreza das nosas vidas, na sinxeleza da realidade, no pequeno e cotiá un camiño de vitalidade desbordante.

O pan que eu darei, é a miña carne, para a vida do mundo. (Xn 6)

Ser comida para dar vida. 
O compromiso caritativo da Igrexa que celebramos neste día de Corpus non é unha xeira de actividades que fagan desta institución un colectivo agraciado pola sociedade. A caridade é o desgaste dos membros crentes dunha comunidade que se converte en alimento para os famentos deste mundo. E hoxe, non podemos dar de comer do que nos sobra, senón sentarno na mesa pois a ela están invitados os cegos, eivados, coxos e desprezados... nos non somos máis que os servos que van servindo os manxares preparados con amor polo Señor.

Feliz día de Corpus
feliz día de caridade



















No hay comentarios:

Publicar un comentario