O
poder que non se ve
Foto: Eloy Vidal |
Ás veces
dáme a impresión que estamos a participar nun gran xogo de Roll no
que cada un dos membros é unha peza dun taboleiro. Os países son
coma equipos no que cada un ten que acadar a vitoria sobre os demais,
ou facer pactos para derrotar a un inimigo común, que ás veces é
necesario para ter os peóns ben adestrados. Posiblemente a miña
imaxinación faga ver no ámbito xeral o que estamos acostumados, o
que lle chama o Papa Francisco a globalización da indiferencia, e
que o que máis arrisca non é o que poida levarse por diante máis
peóns do xogo, senón o que permanece invicto despois de ser
combatido fortemente por artimañas escuras que so eles poden
discernir. Insisto, é moita imaxinación.
Na lectura e
lectura da Evangelii gaudium, que me está a desbordar nas súas
páxinas, e que realmente me embarga, quero traer á luz unha frase
do número 55, e que está no tñitulo “Non á nova idolatría do
diñeiro”, remarcando que convertemos o diñeiro e todo o que leva,
ó novo becerro de ouro, ante o que, con sometemento nos humillamos e
adoramos. Di así: “Instaurase unha nova tiranía
invisible,
ás veces virtual, que impón, de xeito unilateral e implacable, as
súas leis e as súas regras”. E suliño e remarco o de tiranía
invisible. Si, o xeito implacable e silencioso con que os poderes,
que ata consegue silenciar as conciencias, con que se chegan a tomas
as decisións, que sorprendentemente seguen a facer máis ricos ós
ricos, a ós pobres miserables. É o taboleiro do xogo no que se
compra e se vende, se negocia e se trafica, se cambia e se muda, se
descarta e se anula.
Pero que non
nos quede a sensación de que hoxe saín da cama depresivo ou
pesimista. Non. Senón rescatar para nós o poder do que si se ve, se
recoñece, se descubre, se comunica, transforma, iguala, da vida e
frescor, como non podería ser doutro xeito o amor. Claro, e cando
falas disto, os racionalistas, os teóricos e científicos, os
economistas e sabeo todo, que so confían no que se ve... pero que me
ensinen onde están os que impoñen as súas tiranías, dicindo que a
estas alturas falar de amor queda un pouco cursi e fora de lugar.
Ai meus
amigos!, se non fora polo amor, ónde estaríamos nós?. Pois si, o
único que pode salvar, liberar, transformarnos, é o amor
manifestado en Aquel que “sendo rico fíxose pobre para
enriquecernos coa súa pobreza.
“Se
pensamos que as cousas non van cambiar, lembremos que Xesucristo
venceu sobre o pecado e a morte e está cheo de poder. Xesucristo
verdadeiramente vive” EG 275
O
poder invisible, o amor, é o Señor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario